A Xunta de Galicia subministrará máscaras e guantes ás empresas e os autónomos que o soliciten, ante a imposibilidade de que moitas delas poidan conseguir o material de protección necesario no mercado e a un prezo adecuado. De feito, o material será facilitado ao mesmo prezo que o adquira a Xunta.
Novas da oficina do autónomo
01-04-20
Co obxectivo de que as empresas, especialmente as máis pequenas e o colectivo autónomo, conten co maior número de alternativas posibles para facer fronte ao novo contexto derivado da pandemia provocada polo COVID-19, a Xunta vén de publicar no DOG unha liña de financiamento para garantir a inxección de liquidez ás nosas pemes e autónomos.<
25-03-20
No novo contexto internacional provocado polo COVID-19 é preciso seguir a traballar todas e todos xuntos, xa que a saída final a esta situación terá que vir desde o traballo en equipo e a unidade.
Por este motivo, a Xunta de Galicia promove a máxima coordinación cos axentes económicos e sociais.
23-03-20
O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, mantivo hoxe un encontro por videoconferencia con entidades do sector financeiro para avanzar na posta en marcha das medidas de apoio a empresas e autónomos aprobadas pola Xunta.
17-03-20
A Consellería do Mar vén de enviar ás confrarías de pescadores galegas unha serie de recomendacións para o desenvolvemento da actividade nas lonxas, nos barcos de pesca e nos bancos e puntos de control marisqueiro ante a situación do coronavirus.




