A Xunta de Galicia pon en marcha Autónomos dixitais, un novo programa formativo que pretende reforzar o tecido produtivo galego facilitando a 1.200 alumnos o desenvolvemento de competencias en comercio electrónico e novas canles online co obxectivo de mellorar tanto a comunicación cos clientes como o coñecemento dos seus produtos e servizos.
Novas da oficina do autónomo
06-05-20
O vindeiro xoves 7 de maio, ás 18:00 h, tense organizado un webinar co obxectivo de coñecer de primeira man as medidas económicas para autónomos e pemes postas en marcha pola Xunta de Galicia fronte ao coronavirus.
28-04-20
A Xunta activa unha liña de apoios para que cada traballador/a galego/a acollido/a a un expediente de regulación temporal de emprego (Erte) autorizado e que aínda non cobrara as prestacións por desemprego do Goberno central poida recibir de forma inmediata un anticipo de 1.500 euros, cun tope mensual de 750 euros.
20-04-20
Segundo informa o Goberno de España, máis dun millón de persoas traballadoras por conta propia xa solicitaron a prestación, sendo as comunidades autónomas de Andalucía, Cataluña e a Comunidad Valenciana onde se realizaron máis solicitudes.
16-04-20
Coa publcación do Real Decreto-lei 14/2020, o Goberno de España ven de publicar a extensión do prazo de presentación e ingreso das declaracións e autoliquidacións dos impostos para todas aquelas persoas autónomas e pemes obrigadas cun volume de operacións non superior a 600.000€ eno ano 2019.




