Programa a prol da contratación das mulleres desempregadas - TR350A


  • 27/06/2018
  • 01/10/2018
Accede dende aquí

TR350A - Programa de axudas a prol da contratación das mulleres desempregadas - FSE

Data de publicación: 27/06/2018

Data de inicio solicitude: 28/06/2018

Data de remate solicitude: 01/10/2018

Obxecto

Facilitar a inserción laboral das mulleres desempregadas que presentan desvantaxes e dificultades particulares para acceder ou permanecer no mercado de traballo, esta orde ten por obxecto fixar as bases reguladoras e proceder á convocatoria para o ano 2018 dos incentivos á súa contratación indefinida.

Características da axuda

Inclúense dous tipos de axuda compatibles:

a) Bono de contratación, por medio do cal se proporcionará unha subvención para os contratos indefinidos iniciais realizados con mulleres desempregadas.
b) Bono de formación (opcional) dirixido ás mulleres contratadas por medio desta orde, para levar a cabo accións formativas que melloren os seus coñecementos e habilidades relacionados co posto de traballo.

O prazo xeral para a presentación das solicitudes das axudas establecidas nesta orde comezará o día seguinte ao da súa publicación e rematará o 30 de setembro de 2018, tendo en conta as seguintes limitacións:

As solicitudes de axudas polas contratacións subvencionables realizadas entre 1 de xaneiro 2018 e a data da publicación desta orde deberán presentarse no prazo de dous meses contado desde o día seguinte ao da publicación da orde.
As solicitudes de axudas polas contratacións subvencionables realizadas a partir da entrada en vigor desta orde deberán presentarse no prazo de dous meses desde a data de inicio da relación laboral, respectando o prazo xeral do 30 de setembro de 2018.

Persoas beneficiarias

Poderán ser beneficiarias dos incentivos previstos nesta orde, entre outras, as persoas autónomas que contraten mulleres desempregadas por conta allea para prestaren servizos en centros de traballo radicados na Comunidade Autónoma de Galicia.

Neste enlace se pode acceder ao texto completo da orde.

Válido dende: 
mércores, 27 Xuño, 2018
Válido ate: 
luns, 1 Outubro, 2018