Axudas aos proxectos de investimento empresarial - 2019


  • 18/01/2019
  • 30/12/2019
Accede dende aquí

IG408A - Axudas aos proxectos de investimento empresarial (2019)

Data de publicación: 18/01/2019

Data inicio de solicitude: 19/01/2019

Data fin solicitude: 30/12/2019

Obxecto

As bases regulan as axudas do Igape para estimular a posta en marcha de proxectos de investimento empresarial en Galicia, coa finalidade principal de dinamizar a actividade económica na Comunidade Autónoma e potenciar o mantemento e creación de emprego, así como a innovación, a través do desenvolvemento e mellora das empresas existentes, así como coa creación e posta en marcha de novas iniciativas empresariais.

Características da axuda

Serán subvencionables os proxectos de investimento en activos fixos que respondan a algunha das seguintes tipoloxías:

1. Creación dun novo establecemento.

2. Ampliación de capacidade dun establecemento existente.

3. Diversificación da produción dun establecemento existente en produtos que anteriormente non se producían nel.

4. Transformación fundamental do proceso global de produción dun establecemento existente. Estes proxectos suporán a implementación dunha innovación no proceso global de produción que impliquen o uso por primeira vez de métodos de organización que inclúan melloras nas rutinas e procedementos de xestión do traballo, dos sistemas de produción ou a integración de áreas funcionais da empresa.

Persoas beneficiarias

Poderán ser persoas beneficiarias desta axuda, entre outras, as persoas traballadoras autónomas.

Neste enlace se pode acceder ao texto íntegro da resolución publicada no DOG

Neste enlace tes máis información na sede electrónica da Xunta de Galicia

Válido dende: 
venres, 18 Xaneiro, 2019
Válido ate: 
luns, 30 Decembro, 2019