Apoio aos investimentos nas explotacións agrícolas (Plans de mellora)- 2019


  • 20/05/2019
  • 20/06/2019
Accede dende aquí

MR405A -  Apoio aos investimentos nas explotacións agrícolas (plans de mellora) - 2019

Data de publicación: 20 de maio de 2019

Data de inicio solicitude: 21 de maio de 2019

Data de remate solicitude: 20 de xuño de 2019

Obxecto

As subvencións reguladas por estas bases teñen por obxecto a concesión das axudas para incrementar a competitividade e o rendemento global das explotacións mediante a súa modernización e asegurar a competitividade e a continuidade do tecido agrario. .

Características da axuda

Serán elixibles os investimentos materiais e inmateriais que supoñan unha mellora do rendemento global, a competitividade ou a viabilidade da explotación. En particular:

a) A reforma ou construción de instalacións e compra de maquinaria que supoñan unha redución de custos de produción ou un incremento na produtividade.

b) Os custos xerais vinculados aos gastos recollidos nas letras a) e b), tales como honorarios dos enxeñeiros que elaboren os proxectos de construción ou reforma, os estudos de viabilidade, as licenzas de software e outros permisos.

c) A compra de construcións agrarias en desuso. Terán esa consideración aquelas construcións que non formen parte das unidades produtivas doutra explotación agraria ou que pertencesen a unha explotación agraria que se atope en estado de baixa e se poñan en uso e se incorporen no Reaga.

d) A plantación e mellora de cultivos leñosos de aptitude frutícola (árbores e arbustos froiteiros, coa excepción dos incluídos na medida 8 do PDR de Galicia 2014-2020 como, por exemplo, castiñeiros e nogueiras, que non serán elixibles por esta medida).

e) A compra de terreos que non formasen parte da explotación, por un valor inferior ao 10 % do custo subvencionable.

f) A adquisición ou desenvolvemento de programas informáticos.

Persoas beneficiarias

Poderán ser beneficiarias desta subvención, entre outras, as persoas físicas titulares dunha explotación agraria inscrita, polo menos cunha antigüidade dun ano, no Rexistro de Explotacións Agrarias de Galicia, de acordo co Decreto 200/2012, do 4 de outubro, polo que se regula o Rexistro de Explotacións Agrarias de Galicia, excepto para as persoas mozas que se instalen nunha explotación de nova creación, ou que se produza unha fusión entre diferentes explotacións, cumprindo o resto de requisitos establecidos no artigo 30 da Orde publicada.

Neste enlace pódese acceder ao texto completo da resolución.

Neste enlace dáse máis información na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Válido dende: 
luns, 20 Maio, 2019
Válido ate: 
xoves, 20 Xuño, 2019