Axudas aos servizos de desenvolvemento estratéxico, profesionalización, innovación e adopción de solucións de dixitalización para a súa realización en empresas galegas (programa Re-acciona) - 2022
- 22/12/2021
- 08/04/2022
-
Etapa
IG401A - Axudas aos servizos de desenvolvemento estratéxico, profesionalización, innovación e adopción de solucións de dixitalización para a súa realización en empresas galegas (programa Re-acciona) - 2022
Data de publicación: 21/12/2021
Data inicio de solicitude: 22/12/2021 // 31/01/2022 // 07/03/2022
Data remate de solicitude: 28/01/2022 // 04/03/2022 // 08/04/2022
Obxecto
Esta resolución ten por obxecto publicar as bases e abrir a convocatoria dun programa de servizos a pemes que, a través das empresas prestadoras de servizos -seleccionadas mediante procedemento aberto de acordo coa Lei de contratos do sector público-, lles permite ás pemes executar proxectos de mellora en distintos ámbitos:
– Análise do potencial competitivo e primeiras accións de mellora.
– Construción dun proxecto de futuro e plan de mellora empresarial.
– Desenvolvemento de plans de acción e plan transversal.
– Análise do cumprimento normativo e dos riscos legais.
– Mellora da xestión financeira e procura de financiamento.
– Optimización da produción e cadea loxística.
– Asesoramento para o relanzamento comercial.
– Preparación de procesos certificables.
– Deseño e lanzamento de produtos e servizos innovadores.
– Protección da innovación.
– Asesoramento para o financiamento da innovación.
– Servizos para a definición dunha estratexia dixital da empresa.
– Definición e implantación dunha estratexia de ciberseguridade para a peme.
– Apoio na adopción de solucións de xestión empresarial en mobilidade.
– Deseño dunha estratexia de márketing de contidos para a peme.
Características da axuda
A Amtega poderá conceder axudas en especie consistentes na execución de servizos para a súa realización en empresas galegas integrados nas seguintes categorías:
Adopción de solucións de dixitalización:
– Servizos para a definición dunha estratexia dixital da empresa.
– Definición e implantación dunha estratexia de ciberseguridade para a peme.
– Apoio na adopción de solucións de xestión empresarial en mobilidade.
– Deseño dunha estratexia de márketing de contidos para a peme.
O Igape poderá conceder axudas en especie consistentes na execución de servizos para a súa realización en empresas galegas integrados nas seguintes categorías:
Profesionalización e desenvolvemento estratéxico:
– Análise do potencial competitivo e primeiras accións de mellora.
– Construción dun proxecto de futuro e plan de mellora empresarial.
– Desenvolvemento de plans de acción e plan transversal.
– Análise do cumprimento normativo e os riscos legais.
– Mellora da xestión financeira e procura de financiamento.
– Optimización da produción e cadea loxística.
– Asesoramento para o relanzamento comercial.
– Preparación de procesos certificables.
Innovación:
– Deseño e lanzamento de produtos e servizos innovadores.
– Protección da innovación.
– Asesoramento para o financiamento da innovación.
A axuda confórmase como a diferenza entre o custo aboado polo Igape ou pola Amtega, de ser o caso, pola prestación do servizo e o importe exixido ás beneficiarias en concepto de cofinanciamento.
Persoas beneficiarias
Poderán ser beneficiarias as pequenas e medianas empresas (pemes), incluídos as persoas traballadoras autónomas, comunidades de bens, asociacións, fundacións ou calquera outro tipo de unidade económica ou patrimonio separado que, mesmo carecendo de personalidade xurídica, leven a cabo actividade empresarial.
En calquera caso, deberán ter radicado algún centro de traballo en Galicia e cumprir a definición de peme.