Programa Investigo, de contratación de persoas mozas demandantes de emprego na realización de iniciativas de investigación e innovación - 2022


  • 30/12/2021
  • 03/02/2022
Accede dende aquí

TR349V - Programa Investigo, de contratación de persoas mozas demandantes de emprego na realización de iniciativas de investigación e innovación - 2022


Infografía explicativa


Cartel para difusión a utilizar polas persoas e empresas beneficiarias

Modelo de cartel para dar publicidade ao financiamento público das actuacións subvencionadas pola Consellería de Emprego e Igualdade, polo PRTR e polos Fondos Next Generation da UE.

Cartel TR349V


Data de publicación: 30/12/2021

Data inicio de solicitude: 03/01/2022

Data remate de solicitude: 03/02/2022

Obxecto

Esta resolución ten por obxecto publicar as bases e convocar as axudas para a contratación de persoas mozas, de 16 ou máis anos e que non fixesen os 30 anos no momento de comezar a relación contractual, polos organismos de investigación e difusión de coñecementos, universidades públicas, centros tecnolóxicos, parques científicos e tecnolóxicos, entidades públicas suxeitas a dereito privado, e entidades privadas sen ánimo de lucro, xunto con empresas que estean a investir en investigación e innovación pertencentes ao sector público ou privado, na realización de iniciativas de investigación e innovación recollidas nesta norma.

Características da axuda

As subvencións para a contratación destinaranse ao financiamento dos custos laborais e salariais, incluíndo os gastos de cotización por todos os conceptos á Seguridade Social, das persoas mozas que sexan contratadas para o desenvolvemento e execución das iniciativas de investigación e innovación do Programa Investigo.

Non se poderán contratar persoas mozas que desempeñasen calquera tipo de posto de investigación no prazo de 6 meses inmediatamente anteriores á data da solicitude na mesma entidade, organismo, centro ou empresa ou grupo de empresas.

Os contratos formalizaranse na modalidade de contratación que mellor se axuste ás circunstancias concretas de cada iniciativa, acorde coa lexislación vixente.

O período subvencionado será de 12 meses mesmo cando o contrato formalizado teña unha duración superior, sen prexuízo do establecido no punto 3.a) deste artigo. En todo caso, deberase ter en conta a normativa laboral que sexa de aplicación por razón do contrato asinado. A xornada de traballo será a tempo completo.

As actividades obxecto das axudas enmarcadas nesta orde serán desenvoltas polas persoas capacitadas para levar a cabo proxectos de investigación en calidade de investigadoras, tecnólogas, persoal técnico e outros perfís profesionais en I+D+i, facilitando a súa inserción laboral tanto no sector público como no privado para contribuír a incrementar a competitividade da investigación e a innovación.

As iniciativas de innovación e investigación e as dos departamentos de I+D+i desenvolveranse preferentemente en ocupacións referidas a sanidade, transición ecolóxica, economía verde (enerxías renovables, tratamento de augas e residuos e industria agroalimentaria), e dixitalización de servizos e data science, proxectos de investigación destinados ás áreas sociais, culturais, artísticas ou calquera outro ámbito de estudo, así como outras tarefas encadradas no marco da Estratexia de especialización intelixente RIS3 2021-2027. Con este programa revértese na sociedade a alta formación deste persoal.

Persoas beneficiarias

Poderán ter a condición de entidades beneficiarias da subvención os seguintes organismos, centros e entidades de investigación e de difusión de coñecementos:

a) Universidades do Sistema universitario público de Galicia e universidades privadas radicadas en Galicia con capacidade e actividade demostrada en I+D+i.

b) Centros e institucións sanitarias públicas e privadas radicadas en Galicia sen ánimo de lucro, que desenvolvan actividades de I+D+i, asi como os Institutos de investigación sanitaria acreditados.

c) Os centros públicos de investigación da Comunidade Autónoma de Galicia, integrados nalgunha consellería e outros organismos públicos de investigación de Galicia. Se algún deles carece de personalidade xurídica propia, constará como beneficiaria a Administración pública a que pertenza.

d) Outros centros públicos de I+D+i, con personalidade xurídica propia, que nos seus estatutos ou no seu obxecto social ou na normativa que os regule teñan a I+D+i como actividade principal.

e) Empresas pertencentes ao sector público autonómico que estean a investir na realización de iniciativas de investigación e innovación.

f) Empresas cualificadas como iniciativas de emprego de base tecnolóxica atendendo ao previsto no Decreto 56/2007, así como outras empresas pertencentes ao sector privado radicadas en Galicia que estean a investir na realización de iniciativas de investigación e innovación.

g) Centros tecnolóxicos e centros de apoio á innovación tecnolóxica situados en Galicia.

h) Centros privados de I+D+i , sen ánimo de lucro e con personalidade xurídica propia, situados en Galicia que teñan definida nos seus estatutos ou no seu obxecto social ou na normativa que os regule a I+D+i como actividade principal.


Publicación DOG

Ficha informativa sede electrónica

Válido dende: 
xoves, 30 Decembro, 2021
Válido ate: 
xoves, 3 Febreiro, 2022