Regulación do exercicio do dereito ao voto das persoas traballadoras por conta allea - Eleccións municipais 2023


O Diario Oficial de Galicia ven de publicar a Orde do 24 de abril de 2023 pola que se regula o exercicio de dereito ao voto, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, das persoas traballadoras por conta allea nas eleccións convocadas polo Real decreto 207/2023, do 3 de abril, polo que se convocan para o 28 de maio de 2023 eleccións locais, e polo Decreto 26/2023, do 30 de marzo, polo que se convocan eleccións aos órganos de goberno das entidades locais menores da Comunidade Autónoma de Galicia para establecer as normas que serán de aplicación na Comunidade Autónoma de Galicia, o día das eleccións locais, o domingo 28 de maio de 2023, ás persoas traballadoras por conta allea que teñan a condición de electoras e non gocen, durante ese día, do descanso semanal previsto no artigo 37.1 do Real decreto lexislativo 2/2015, do 23 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, e a aquelas persoas en quen concorra a condición de membros de mesas electorais, interventores e interventoras ou apoderados e apoderadas.

Válido dende: 
venres, 5 Maio, 2023
Válido ate: 
domingo, 31 Decembro, 2023