PECHADO O PRAZO DE SOLICITUDE  

Esta axuda contou cun orzamento de 37.000.000€

Preguntas frecuentes

Cartel para difusión a utilizar polas persoas beneficiarias TR400B

Modelo de cartel para dar publicidade ao financiamento público das actuacións subvencionadas pola Consellería de Emprego e Igualdade.

Cartel TR400B

Persoas beneficiarias

Persoas traballadoras autónomas con persoal contratado.

Microempresas e excepcionalmente PEMES (de sectores especialmente paralizados por el COVID-19).

Requisitos

  • Con domicilio fiscal en Galicia
  • Que teñan ou tiveran autorizado un ERTE por COVID-19 desde a declaración do estado de alarma
  • Descenso da facturación de cando menos o 45% comparando todo 2019 cos tres primeiro trimestres de 2020

Contía da axuda económica

Axuda xeral: 4.000€

Actividades especialmente paralizadas: 5.000€

Actividades especialmente paralizadas

Lecer nocturno (discotecas, pubs, cafés-espectáculo, salas de festas e salas de concertos)

Ámbito de atraccións de feiras (sen establecemento aberto ao público) incluído nos CNAES: 4724, 4729, 4781, 4782, 4789, 5610, 5629, 5630 e 9200.

Actividades encadradas nos seguintes CNAES:

  • Transportes (4932, 5010 e 5030)
  • Provisión de comidas (5621)
  • Exhibición cinematográfica (5914)
  • Axencias de viaxes e operadores turísticos (7911, 7912, 7990)
  • Organización de convencións (8230)
  • Artes escénicas e auxiliares (9001, 9002)
  • Xestión de salas de espectáculos (9004)
  • Parques de atraccións e outras actividades recreativas (9321,9329)

Compromiso

Manter a actividade económica e o emprego de alta durante 6 meses desde a publicación da orde de axudas no DOG


Máis información no teléfono gratuíto 900 815 600

(Horario de atención: de luns a vernes de 8:00 a 18:00 horas)


Publicación DOG Sede electrónica