Publicado o Decreto que determina as festas da Comunidade Autónoma do calendario laboral para o ano 2019

O pasado 24 de outubro o Diario Oficial de Galicia ven de publicar o Decreto 134/2018, do 10 de outubro, polo que se determinan as festas da Comunidade Autónoma de Galicia do calendario laboral para o ano 2019.

En concreto, e de non producirse modificacións no calendario laboral de carácter estatal, as festas laborais no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia no ano 2019 serán as seguintes:

1 de xaneiro.............Aninovo
19 de marzo ............Día de San Xosé
18 de abril................Xoves Santo
19 de abril................Venres Santo
1 de maio ................Festa do Traballo
17 de maio...............Día das Letras Galegas
25 de xullo...............Santiago Apóstolo-Día Nacional de Galicia
15 de agosto ..........Asunción da Virxe
12 de outubro..........Festa Nacional de España
1 de novembro........Todos os Santos
6 de decembro ...... Día da Constitución
25 de decembro..... Nadal