Publicado no BOE o incremento no salario mínimo interprofesional fixado en 1.080€ ao mes
O Boletín Oficial do Estado ven de publicar o Real Decreto 99/2023, de 14 de febreiro, polo que se fixa o salario mínimo interprofesional para 2023 en 36€ ao día ou, o que é o mesmo, 1.080€ ao mes entendido, en todo caso, á xornada legal de traballo en cada actividade, sen incluír no caso do salario diario a parte proporcional de domingos e festivos.
Igualmente, este RD establece que as persoas traballadoras eventuais, así como as temporeiras cuxos servizos non exedan de cento vente días, percibirán xunto co salario mínimo indicado, a parte proporcional da retribución de domingos e festivos, así como das dúas gratificacións extraordinarias, sen que a contía do salario profesional poida resultar inferior a 51,15€ por xornada legal de traballo.
Con esta actualización, tal e como establece o propio Real Decreto, teranse como modificadas todas as normas legais ou convencionais e laudos arbitrais que se atopen en vigor na data de promulgación do mencionado RD 99/2023, sen máis modificación que a que fose necesaria para asegurar a percepción das cantidades en cómputo anual agora establecida.
Tal e como establece na disposición final terceira a súa entrada en vigor surtirá efectos desde o 1 de xaneiro e ata o 31 de decembro de 2023.