A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, asinou en Santiago de Compostela co presidente da Asociación de Xoves Empresarios de Galicia (AJE-Galicia), Luciano Covelo, un convenio de colaboración por un importe de 60.000 euros para impulsar o emprendemento e a xeración de emprego na comunidade galega.
Novas da oficina do autónomo
17-03-23
O Diario Oficial de Galicia ven de publicar a convocatoria de tres edicións dun curso de prevención de riscos laborais, nivel básico, para persoal empregado público, persoa traballadora por conta allea, persoa traballadora autónoma, empresaria ou persona con inquidanzas no ámbito da prevención de riscos laborais.
13-03-23
A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, participou na mesa sobre políticas públicas a favor do traballo autónomo do IV Foro Emprendedores y Autónomos organizado pola Asociación de Trabajadores Autónomos (ATA), onde destacou a conexión permanente entre a Xunta de Galicia e o colectivo no dese&
07-03-23
A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, puxo hoxe en valor o programa autonómico Emega, de impulso ao emprendemento feminino, nunha visita que realizou a Creativas Galegas, un proxecto formado por mulleres artesás e do eido cultural galego beneficiarias destas axudas.
28-02-23
O vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, informou hoxe de que, desde mañá, o comercio de proximidade e obradoiros artesáns xa poden solicitar as novas axudas da Xunta de Galicia para incentivar a dixitalización dos seus establecementos e servizos.




