Silleda acollerá a sede do Polo de Emprendemento e Apoio ao Emprego de Pontevedra Norte e Rías Baixas que hoxe inaugurou a conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana e que dará cobertura a 25 concellos da contorna.
Novas da oficina do autónomo
28-07-22
O Real Decreto – lei 13/ 2022 publicado no BOE establece múltiples e especialmente relevantes novidades no que respecta do Réxime Especial de Persoas Traballadoras Autónomas (RETA), destacando as seguintes:
Cotización en función dos rendementos netos declarados
18-07-22
A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, inaugurou hoxe o Polo de Emprendemento e Apoio e Emprego de Verín, o primeiro dunha rede de 12 que a Xunta prevé abrir en Galicia para fomentar a iniciativa empresarial, dinamizar o mercado de traballo e fixar emprego, atendendo as demandas dos diferentes territorios.
12-07-22
A Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade publica no Diario Oficial de Galicia unha nova convocatoria do programa Emega de fomento do emprendemento feminino que, cun orzamento histórico de case 4,4 millóns de euros (un 34% máis que o ano pasado), prevé outorgar 275 axudas, un 18% máis que en 2021, no que se concederon 234.
11-07-22
A directora xeral de Emprendemento e Apoio ao Emprego, Margarita Ardao, destacou hoxe en Santiago de Compostela que a rede autonómica de emprendemento, que unificará e coordinará os programas e axudas da Xunta neste eido, avogará pola igualdade de oportunidades e polo talento feminino como claves para a mellora da competitividade.




