A aceleradora vertical Business Factory Food abre o prazo para a presentación de proxectos para a V edición da Business Factory Food
Business Factory Food (BFFood), a aceleradora vertical do sector alimentario de Galicia impulsada pola Xunta de Galicia e dinamizada polo Clúster Alimentario de Galicia (Clusaga), abre o prazo de presentación de proxectos para optar a formar parte da súa V Edición. O proceso de aceptación de solicitudes pechará o 20 de decembro ás 14.00 horas.
A BFFood organiza unha xornada informativa dirixida a aquelas persoas interesadas en presentar a súa proposta de proxecto á V Edición de BFFood, e terá lugar o 4 de novembro, de 10.00 a 12.00 horas, no Edificio FEUGA (Campus Vida, Santiago de Compostela).
O evento reunirá a autoridades e representantes de BFFood para ofrecer unha retrospectiva das edicións anteriores e expor todos os detalles relativos á V Edición, cuxo prazo de presentación de proxectos mantense aberto ata o 20 de decembro.