Aberta a segunda edición do 2026 do Programa dinamización e incentivación do consumo nos comercios retallistas da Comunidade Autónoma de Galicia a través dos bonos Activa comercio
O Diario Oficial de Galicia ven de publicar a Orde do 7 de outubro de 2026 pola que se convoca a segunda edición do ano 2026 do Programa de dinamización e incentivación do consumo nos comercios retallistas da Comunidade Autónoma de Galicia a través dos bonos Activa comercio pola que se subvencionará a compra de bens, a través dos bonos Activa comercio, nos establecementos comerciais retallistas de Galicia adheridos ao programa, así como a prestación dos correspondentes servizos no caso das epígrafes do IAE 972.1 e 972.2, nos termos establecidos nas bases reguladoras.
Tal e como se establece, serán persoas beneficiarias das axudas as persoas físicas maiores de idade e residentes na Comunidade Autónoma de Galicia que realicen a compra de bens, a través dos bonos Activa comercio, nos establecementos comerciais retallistas de Galicia adheridos ao programa, así como a prestación dos correspondentes servizos no caso das epígrafes do IAE 972.1 e 972.2.
Para ser beneficiarias terán que tramitar as súas solicitudes a través da web www.bonosactivacomercio.gal indicando a seguinte información:
a) Nome e apelidos.
b) Maioría de idade.
c) DNI ou NIE.
d) Localidade de residencia (código postal).
e) Número de teléfono móbil.
f) Correo electrónico.
Os bonos terán formato dixital a través dun código QR e estarán dispoñibles para a súa utilización nunha app que permita realizar pagamentos (Wallet ou similar).
Para trocar os bonos e poder facer efectivos os descontos ás persoas usuarias, os/as comerciantes terán que descargar no seu móbil a app bonos Activa comercio.
No momento da compravenda, os/as comerciantes terán que introducir na app o importe e o concepto da venda, e automaticamente aparecerá o importe que cobrar (unha vez aplicado o desconto). O concepto da venda introducido na app debe corresponderse coa numeración do tícket ou factura de compra entregada á clientela.
Pola súa banda, as persoas usuarias deberán mostrar o seu bono en formato código QR e pagar, en efectivo ou con tarxeta, o importe final da compra realizada.
