Publicada no DOG a relación de festas laborais de carácter local para o ano 2027

A Consellería de Emprego, Comercio e Emigración ven de publicar no DOG a Resolución de 15 de outubro de 2026, da Secretaría Xeral de Emprego e Relacións Laborais, pola que se da publicidade ás festas laborais de carácter local para o ano 2027, correspondentes aos concellos das catro provincias da Comunidade Autónoma de Galicia.

Con esta Resolución a Secretaría Xeral de Emprego e Relacións Laborais da publicidade ás festas de carácter local, inhábiles para os efectos laborais, retribuídas e non recuperables, para o ano 2027, que serán para os concellos pertencentes ás provincias da Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra, as que figuran, respectivamente, nos anexos I, II, III e IV da dita Resolución.

E aproveita tamén a Resolución para lembrar que, de acordo co establecido no artigo 34.6 do Estatuto dos traballadores, as empresas deberán ter exposto o calendario laboral nun lugar visible de cada centro de traballo para o coñecemento e a consulta dos seus traballadores e traballadoras. O incumprimento do anterior constitúe infracción en materia laboral, tipificada no artigo 6 do Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto, polo que se aproba o texto refundido da Lei sobre infraccións e sancións na orde social.


Publicación DOG