Publicado o Real Decreto 1013/2026 polo que se fixa o salario mínimo interprofesional para o ano 2027
O Boletín Oficial do Estado ven de publicar o Real Decreto 1013/2026, de 18 de novembro, polo que se fixa o salario mínimo interprofesional para 2027, que entrará en vigor o vindeiro 1 de xaneiro e surtirá efectos entre o referido 1 de xaneiro e o 31 de decembro de 2027.
Deste xeito, e segundo establece o artigo 1 do referido Real Decreto, o salario mínimo para calesqueira actividades na agricultura, na industria e nos servizos, sen distinción de sexo nin idade das persoas traballadoras, queda fixado para o ano 2027 en 42,87 euros/día ou 1.286 euros/mes, segundo o salario estea fixado por días ou por meses, o que supón un incremento do 5,3 por cento respecto do establecido no Real Decreto 126/2026, de 18 de febreiro, polo que se fixa o salario mínimo interprofesional para 2026.
Adicionalmente, o Real Decreto establece a forma de proceder para aplicar o último paragrafo do artigo 27.1 do Estatuto dos Traballadores, en canto á compensación e absorción en cómputo anual polos salarios profesionais do incremento do SMI, así como a súa aplicación para as persoas traballadoras con contratos de traballo de duración determinada cuxos servizos a unha misma empresa non excedan de cento vinte días e a persoas empregadas do fogar.
