A xunta avalía na mesa do emprego autónomo a orde unificada de preto de 41 m€ en axudas para o colectivo

A secretaria xeral de Emprego e Relacións Laborais, Susana Pérez Iglesias, presidiu unha nova xuntanza da Mesa do Emprego Autónomo de Galicia, na que participaron as principais organizacións representativas do traballo por conta propia en Galicia: APE Galicia, ATA e UPTA-Agtamar.

Durante a reunión, avaliouse a orde unificada de axudas para persoas traballadoras autónomas, cuxo prazo de solicitude remata o vindeiro 30 de setembro e á que este ano a Xunta destina preto de 41 M€. A convocatoria reúne cinco liñas específicas de apoio, que inclúen a cota cero e o apoio ao inicio da actividade, o Bono Autónomo, o programa de Nova Oportunidade, o Bono Remuda e as axudas á conciliación.

Na xuntanza tamén se abordaron as necesidades de formación deste colectivo, así como outros retos clave para o sector, entre eles a remuda xeracional