Publicada a Orde pola que se desenvolven para o ano 2027 o método de estimación obxectiva do IRPF e o réxime especial simplificado do IVE
O BOE ven de publicar a Orde HAC/1161/2026, de 4 de novembro, pola que se desenvolven para o ano 2027 o método de estimación obxectiva do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas e o réxime especial simplificado do Imposto sobre o
Valor Engadido.
Deste xeito, e de conformidade cos artigos 32 do Regulamento do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas e o 38 e 42 do Regulamento do Imposto sobre o Valor Engadido, apróbanse os signos, índices ou módulos correspondentes ao método de estimación obxectiva do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas, e tamén os índices e módulos do réxime especial simplificado do Imposto sobre o Valor Engadido que serán aplicables durante o ano 2027 ás actividades comprendidas nos artigos 1 e 2, que aparecen, xunto coas instrucións para a súa aplicación, nos anexos I, II e III da Orde.
Ao mesmo tempo, incide no detalle das magnitudes excluíntes naquelas actividades ou sectores de actividades indicados e os prazos de renuncias ou revocacións ao método de estimación obxectiva e ao réxime especial simplificado.
Finalmente, na disposición adicional primeira, establece que os contribuíntes que determinen o rendemento neto das súas actividades económicas polo método de estimación obxectiva, poderán reducir o rendemento neto de módulos obtido en 2027 nun 5 por cento, reducción que se terá en conta para cuantificar o rendemento neto a efectos dos pagos fraccionados correspondentes ao 2027.
