Publicada a relación de festas laborais a nivel estatal para o ano 2027

O MInisterio de Trabajo y Economía Social ven de publicar no BOE a Resolución de 8 de outubro de 2026, da Dirección General de Trabajo, pola que se publica a relación de festas laborais para o ano 2027 remitidas polas Comunidades Autónomas.

Deste xeito, a Resolución enumera as festas laborais de ámbito nacional, de carácter retribuído e non recuperable, destinguindo entre as que teñen carácter nacional non substituíbles polas Comunidades Autónomas e aquelas das cales as Comunidades Autónomas poden optar entre a celebracón no seu territorio das ditas festas ou a súa substitución por outras que, por tradición, lles sexan propias.

Polo tanto, a continuación se relacionan as doce festas resultantes que serán de aplicación na Comunidade Autónoma de Galicia:

  • 1 de xaneiro (Aninovo)*
  • 6 de xaneiro (Epifanía)**
  • 19 de marzo (San Xosé)**
  • 25 de marzo (Xoves Santo)**
  • 26 de marzo (Venres Santo)*
  • 1 de maio (Festa do Traballo)*
  • 17 de maio (Día das Letras Galegas)***
  • 12 de outubro (Festa Nacional de España)*
  • 1 de novembro (Todos os Santos)*
  • 6 de decembro (Día da Constitución)*
  • 8 de decembro (Inmaculada Concepción)*
  • 25 de decembro (Nadal)*

Os códigos indicados atenden á seguinte lenda:

(*) Festa Nacional non substituíble.

(**) Festa Nacional respecto da que non se ten exercido a facultade de substitución.

(***) Festa da Comunidade Autónoma.


Publicación BOE