A Xunta agradece ás persoas traballadoras autónomas o seu compromiso co bo facer e o seu sentido da responsabilidade
O vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, e a conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, participaron en Sanxenxo no XII Congreso das persoas traballadoras autónomas, organizado por APE Galicia.
Na súa intervención, Conde felicitou aos premiados e recoñeceu o compromiso co bo facer e co bo servizo destes profesionais, así como o seu sentido da responsabilidade. O vicepresidente económico subliñou o esforzo da Xunta por acompañar ás pemes e autónomos fronte ás circunstancias excepcionais que está a provocar a inflación, o prezo da electricidade ou os problemas de subministración, agravados pola guerra de Ucraína.
O responsable de Economía, Industria e Innovación salientou que os autónomos, que foron un colectivo prioritario cando houbo que aprobar os catro plans de rescate para axudar os sectores máis afectados pola pandemia, tamén están a ser prioritarios nas diferentes medidas que se están adoptando para que o custo da enerxía e das materias primas teña o menor impacto posible nos seus negocios.
Así, 30 millóns de euros do orzamento da Xunta para o vindeiro ano van ir destinados a ese obxectivo, a través do novo programa Impacto Autónomo, cunha axuda media de 1.200 euros.
En total, destinaranse de xeito específico preto de 57 millóns de euros para apoiar o colectivo de autónomos e autónomas galegas, que neste momento representa o 20 % das afiliacións na Comunidade. Ademais, pemes e autónomos poderán acceder a diferentes apoios para implantar instalacións de autoconsumo e para reducir o consumo de enerxía, con programas como o Bono Enerxía Peme