Programa do bono das persoas autónomas - 2021


  • 12/07/2021
  • 12/08/2021
Accede dende aquí

TR341Q - Programa do bono das persoas autónomas - 2021

Data de publicación: 12/07/2021

Data inicio solicitude: 13/07/2021

Data fin solicitude: 12/08/2021

Aviso importante! Publicado na sede electrónica da Xunta de Galicia o modelo de cartel informativo para cumprir coa obriga de adoptar as medidas de difusión para dar publicidade de que a persoa autónoma ou empresa está sendo subvencionada pola Consellería de Emprego e Igualdade (artigo 20.h da orde).

► Acceso ao modelo

Obxecto

Esta orde ten por obxecto aprobar as bases reguladoras e a convocatoria pública das axudas do Programa do bono das persoas autónomas, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.

Características da axuda

Esta axuda poderase conceder para a mellora da competitividade da actividade empresarial ou profesional das persoas beneficiarias, mediante pagamento anticipado, unha subvención dun 80% da actividade que se subvencione cun límite máximo de 3.000 euros de axuda polo conxunto de actividades subvencionables, sendo o resto do gasto por conta da persoa beneficiaria.

Serán subvencionables as seguintes liñas de actuación:

Liña 1: Mellora da competitividade a través dos seguintes servizos 

  • Investigación de mercado
  • Plan de márketing
  • Plan de comunicación do negocio
  • Plan estratéxico do negocio
  • Plan crecemento: constitución sociedade
  • Plan de reorientación do negocio
  • Plan de transformación dixital
  • Plan de refinanciamento
  • Outros estudos e planes co fin de aumentar a competitividade
  • O cofinanciamento privado dos servizos contratados co IGAPE a través do programa Re-Acciona na súa convocatoria do 2021

Liña 2: Mellora da competitividade a través dos seguintes investimentos 

  • Compra de maquinaria
  • Compra de útiles e ferramentas
  • Reforma do local do negocio
  • Equipos informáticos
  • Rótulos
  • Aplicacións informáticas e páxinas web
  • Creación logotipo do negocio
  • Mobiliario

No caso de solicitar ambas liñas de axudas (as liñas 1 e 2 non son excluíntes nin entre elas nin entre os distintos servizos e investimentos que as configuran), atenderase en primeiro lugar a liña 1 e despois a liña 2 co límite máximo de 3.000 € de axuda polo conxunto de actividades subvencionables.

Persoas beneficiarias

Poderán ser beneficiarias das axudas reguladas nesta orde:

1. As persoas traballadoras autónomas que estean de alta no réxime especial de autónomos ou en mutualidade de colexio profesional, que teñan domicilio fiscal en Galicia, que teñan unha antigüidade na realización efectiva dunha actividade empresarial ou profesional de maneira ininterrompida na data da solicitude da axuda por un prazo superior a 42 meses e que teñan un rendemento neto reducido dos rendementos de actividades económicas declarados na declaración do IRPF anual inferior a 30.000 euros e unha facturación mínima anual de 12.000 euros, IVE incluído, na declaración referida ao ano 2020.

2. As sociedades de calquera clase e comunidades de bens con domicilio fiscal en Galicia e que cumpran os seguintes requisitos:

a) Que teñan unha persoa autónoma societaria cunha antigüidade na realización efectiva dunha actividade empresarial ou profesional de maneira ininterrompida na data da solicitude da axuda por un prazo superior a 42 meses.

b) Que a empresa teña unha facturación mínima anual de 12.000 euros, IVE incluído, na declaración referida ao ano 2020.

c) Que a empresa teña unha base impoñible no imposto de sociedades da declaración referida ao ano 2019 realizada inferior a 30.000 euros (segundo o recadro 552 do imposto do sociedades). No caso de entidades que tributen en réxime de atribución de rendas, este importe de 30.000 euros referirase ao rendemento neto reducido dos rendementos de actividades económicas declaradas no IRPF da suma de todos os membros da sociedade ou comunidade de bens..


Publicación DOG

Válido dende: 
luns, 12 Xullo, 2021
Válido ate: 
xoves, 12 Agosto, 2021