Axudas destinadas a sufragar os danos sufridos en establecementos comerciais, industriais, turísticos e mercantís, derivados dos incendios que se produciron en Galicia en xullo de 2022


  • 29/08/2022
  • 29/08/2022
Accede dende aquí

IG100A - Axudas destinadas a sufragar os danos sufridos en establecementos comerciais, industriais, turísticos e mercantís, derivados dos incendios que se produciron en Galicia en xullo de 2022

Data de publicación: 29/07/2022

Data inicio de solicitude: 30/07/2022

Data remate de solicitude: 29/08/2022

Obxecto

Esta resolución ten por obxecto publicar as bases e convocar as axudas para sufragar os danos sufridos en establecementos comerciais, industriais, turísticos e mercantís, derivados dos incendios que se produciron en Galicia durante o mes de xullo de 2022.

Características da axuda

A concesión destas axudas terá carácter subsidiario respecto de calquera outro sistema de cobertura de danos, público ou privado, de que poidan ser beneficiarios os afectados.

Non obstante, cando os mencionados sistemas non cubran a totalidade dos danos producidos, as axudas previstas nestas bases reguladoras concederanse con carácter complementario e serán compatibles en concorrencia con outras subvencións, indemnizacións, axudas, ingresos ou recursos procedentes de sistemas públicos ou privados, estatais ou internacionais, ata o límite do valor do dano producido ou, de ser o caso, da contía ou porcentaxe establecida.

Serán obxecto de axuda os danos orixinados nos establecementos comerciais, industriais, turísticos ou mercantís como consecuencia dos incendios que se produciron en Galicia durante o mes de xullo de 2022. Para os efectos da determinación dos danos, teranse en conta os estragos ocasionados nas edificacións, instalacións, maquinaria e mercadorías depositadas nos citados establecementos, así como nos vehículos comerciais ou industriais afectos a estas actividades, na parte non comprendida tanto polas axudas que aproben outras administracións públicas como por calquera outro sistema de cobertura de danos, público ou privado, estatal ou internacional, de que poidan ser beneficiarias as persoas afectadas.

Quedarán excluídas da percepción destas axudas as actividades de xeración, transporte e distribución de enerxía eléctrica.

A contía da axuda será do 100 % do importe dos danos causados polos incendios conforme a valoración levada a cabo no informe de taxación de danos, cos seguintes límites:

a) 600.000 euros por persoa beneficiaria.

b) A suma da axuda concedida xunto con outras axudas e/ou indemnizacións que aproben outras administracións públicas ou calquera outro sistema de cobertura de danos, público ou privado, estatal ou internacional, para a mesma actuación, non poderá exceder do 100 % do importe dos danos causados polos incendios conforme a valoración do informe de taxación de danos.

Persoas beneficiarias

Serán persoas beneficiarias destas axudas as persoas físicas ou xurídicas, titulares dos establecementos comerciais, mercantís, industriais e turísticos en que se producisen os danos derivados directamente dos incendios ou da súa extinción.


Publicación DOG

Ficha informativa sede electrónica

Válido dende: 
luns, 29 Agosto, 2022
Válido ate: 
luns, 29 Agosto, 2022