Subvencións para o Programa de modernización do comercio: Fondo Tecnolóxico - 2ª convocatoria - 2023


  • 30/05/2023
  • 30/06/2023
Accede dende aquí

CO300G - Subvencións para o Programa de modernización do comercio: Fondo Tecnolóxico - 2ª convocatoria - 2023

Data de publicación: 30/05/2023

Data de inicio solicitude: 31/05/2023

Data de remate solicitude: 30/06/2023

Obxecto

Esta Orde ten por finalidade establecer as bases e convocar as subvencións para proxectos de contido tecnolóxico, innovador e sustentable dirixidos a impulsar o emprego das novas tecnoloxías no sector comercial. Establécense dúas liñas de axudas:

– Liña destinada a persoas autónomas e pequenas e medianas empresas comerciais.

– Liña destinada a asociacións de comerciantes sen ánimo de lucro.

As axudas financiadas de acordo con esta orde enmárcanse no Compoñente 13 Impulso á peme, Investimento I4 Apoio ao comercio, actuación 1.2 Programa de modernización do comercio: Fondo tecnolóxico do Plan de recuperación, transformación e resiliencia (en diante, PRTR).

Os proxectos subvencionables no marco do PRTR son os seguintes:

– Proxectos de novas tecnoloxías dirixidas a mellorar diferentes áreas da estratexia comercial en liña e en comunicación, do modelo de negocio e da experiencia de compra (gastos referidos á transformación dixital).

– Proxectos de novas tecnoloxías para a adaptación do espazo físico de venda, tanto ás novas necesidades e hábitos dos/das consumidores/as como aos novos modelos de xestión (gastos referidos á transformación do punto de venda).

– Proxectos de solucións tecnolóxicas para mellorar a eficiencia e sustentabilidade da entrega da última milla (gastos relativos á cadea de subministración e rastrexabilidade).

– Proxectos de aplicación de solucións tecnolóxicas para mellorar a eficiencia no consumo enerxético e dos recursos (gastos relativos á sustentabilidade e economía circular).

Características da axuda

Consideraranse actuacións subvencionables a implantación e posta en marcha de:

1. Liña de axudas destinada a persoas autónomas e pequenas e medianas empresas comerciais.

1.1. Programa smart retail dirixido á transformación dixital do punto de venda e modelo de negocio.

1.2. Programa visual merchandising dirixido á mellora da experiencia de compra.

1.3. Programa Green Store dirixido á mellora da eficiencia enerxética do local e dos recursos.

2. Liña de axudas destinada a asociacións de comerciantes.

a) Mupis dixitais, interactivos ou non, de sinalización e promoción das áreas comerciais en espazos públicos.

b) Ferramentas dixitais colaborativas entre os asociados.

c) Sistemas de click and collect e lockers dixitais.

d) Redes wifi nas áreas comerciais.

e) Redución de insumos por parte dos comercios e das persoas consumidoras nos establecementos mediante a implantación de alternativas respectuosas co ambiente.

f) Elaboración e posta en marcha de procesos ecoeficientes para a correcta separación dos residuos e a súa posterior reciclaxe e valoración que inclúan a participación de todos os asociados. Consideraranse subvencionables os gastos relativos á adquisición de elementos para o correcto reciclaxe dos residuos.

g) Proxectos de aplicación de solucións tecnolóxicas conxuntas para mellorar a eficiencia no consumo enerxético que inclúan a participación de todos os asociados.

O investimento mínimo que se debe realizar para que o proxecto se considere subvencionable ascende a 2.000,00 € (IVE excluído).

A porcentaxe da subvención será do 90 % dos investimentos máximos subvencionables establecidos.

Persoas beneficiarias

Poderán ser beneficiarias das subvencións, sen prexuízo de reuniren os demais requisitos establecidos:

1.1. Liña de axudas destinada a persoas autónomas e pequenas e medianas empresas comerciais.

As persoas físicas ou xurídicas, comunidades de bens ou calquera outro tipo de unidade económica ou patrimonio separado sen personalidade xurídica, legalmente constituídas, que cumpran os seguintes requisitos:

a) Que o establecemento comercial para o cal se solicita a axuda teña carácter físico e permanente e estea situado na Comunidade Autónoma de Galicia.

No caso de comerciantes que realicen a actividade comercial en liña ou comerciantes ao retallo fóra dun establecemento comercial permanente, deberán ter o domicilio fiscal na Comunidade Autónoma de Galicia. As páxinas web deberán cumprir os requisitos que figuran no anexo XIII.

b) Que teña a condición de peme conforme o establecido no Regulamento (UE) núm. 651/2014 da Comisión, do 17 de xuño de 2014, polo que se declaran determinadas categorías de axudas compatibles co mercado interior en aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado (DOUE 187, do 26 de xuño).

c) Que a actividade principal do negocio se corresponda con algunha das actividades incluídas nos códigos 46 ou 47 da Clasificación nacional de actividades económicas 2009 (CNAE-2009) aprobada polo Real decreto 475/2007, do 13 de abril, polo que se aproba a Clasificación nacional de actividades económicas 2009 (CNAE-2009).

No caso de que no establecemento se exerzan de maneira simultánea actividades subvencionables con outras non subvencionables, a persoa solicitante deberá acreditar mediante declaración responsable que a actividade comercial subvencionable é a principal (anexo III).

1.2. Liña de axudas destinada a asociacións de comerciantes.

As asociacións e federacións de comerciantes sen ánimo de lucro, legalmente constituídas, que cumpran os seguintes requisitos:

a) Que teñan entre os seus fins estatutarios a defensa dos intereses do sector comercial.

b) Que teñan a sede social e ámbito de actuación na Comunidade Autónoma de Galicia.

c) Que teñan unha antigüidade mínima de tres anos na data da publicación desta orde.

d) No caso de asociacións de ámbito municipal, que teñan o número mínimo de comercios asociados dados de alta nalgunha das epígrafes do IAE establecidas na liña 1.1.c), en función da poboación do concello.

En todo caso, o número de comercios asociados debe representar, como mínimo, o 40 % do número de socios da asociación.

e) No caso de federacións, que teñan ámbito provincial ou autonómico e teñan asociadas un mínimo de 15 asociacións de comerciantes que cumpran, ademais, os requisitos establecidos na letra d).

Válido dende: 
martes, 30 Maio, 2023
Válido ate: 
venres, 30 Xuño, 2023