Axudas e préstamos parcialmente reembolsables para o financiamento dos proxectos de investimento empresarial - 2023


  • 29/09/2023
  • 31/10/2023
Accede dende aquí

IG408A - Axudas e préstamos parcialmente reembolsables para o financiamento dos proxectos de investimento empresarial - 2023

Data de publicación: 29/09/2023

Data de inicio solicitude: 30/09/2023

Data de remate solicitude: 31/10/2023

Obxecto

Esta Resolución ten por obxecto publicar as bases e convocar as axudas ou préstamos parcialmente reembolsables para o financiamento de proxectos de investimento empresarial das seguintes modalidades:

1. Proxectos de investimento empresarial xerais.

2. Proxectos de investimento en equipamento produtivo.

No anexo I da Resolución desenvólvense, nun cadro de especificacións, os requisitos, condicións e características de cada unha destas modalidades.

Características da axuda

Os proxectos de investimento obxecto de apoio deberán responder a algunha das tipoloxías de proxecto subvencionables establecidas no punto A.1) do cadro de especificacións, para cada unha das modalidades incluídas no anexo I da Resolución.

Así mesmo, deberán cumprir os requisitos específicos establecidos no anexo I para cada tipoloxía de cada modalidade de proxecto.

Dimensión do proxecto de investimento:

O importe do investimento subvencionable dos proxectos para os cales se solicita a axuda ou o préstamo deberá estar incluído dentro dos límites indicados para cada modalidade do anexo I.

Para a solicitude de préstamos parcialmente reembolsables requírese un investimento mínimo subvencionable de 500.000 €.

Serán subvencionables os investimentos en activos fixos, materiais ou inmateriais, que estean vinculados ao proxecto para o cal se solicita a axuda ou o préstamo, e que se materialicen nos conceptos e cos requisitos que se relacionan para cada modalidade do anexo I, na letra C) do cadro de especificacións.

Os activos adquiridos deberán ser novos, excepto para a adquisición de construcións ou inmobles nos casos e cos requisitos en que así se prevexa expresamente na letra C) do cadro de especificacións do anexo I, ou para a adquisición de activos dun establecemento.

Os proxectos deberán ter un investimento mínimo subvencionable de 25.000 € para os proxectos da modalidade I.2 e de 50.000 € para a modalidade I.1 recollidas no anexo I das bases, e máximo de 900.000 €.

En ningún caso se considerará o IVE como concepto subvencionable.

As persoas solicitantes que acometan un proxecto cun investimento subvencionable igual ou superior a 500.000 € poderán solicitar o préstamo parcialmente reembolsable regulado na sección 3ª das bases.

A contía da axuda será a indicada para cada modalidade do anexo I na letra D) do cadro de especificacións.

Os préstamos concedidos a súa vez:

Contarán cun tramo reembolsable e outro non reembolsable.

O tramo non reembolsable constituirao a subvención concedida ao abeiro das presentes bases, e cobrarase por anticipado coa disposición do préstamo.

Importe do financiamento: a suma dos tramos reembolsable e non reembolsable (subvención) será, como máximo, do 75 % do investimento subvencionable.

Duración e reembolso: o tramo reembolsable será reintegrable nun prazo que, axustado ao plan económico-financeiro presentado pola solicitante, non exceda os 12 anos, dentro dos cales se poderá incluír un período de carencia na amortización do principal. O tramo non reembolsable será amortizado coa liquidación da axuda, conforme o establecido no artigo 32 das bases.

Tipo de xuro: será fixo, determinado conforme o establecido no anexo IV das bases, sen que en ningún caso o tipo resultante sexa inferior ao 0 %.

Garantías: o Igape poderá tomar as garantías de cumprimento adecuadas en función da dispoñibilidade da prestataria e das características do proxecto.

Persoas beneficiarias

Poderán ser persoas beneficiarias destas axudas e préstamos as pequenas e medianas empresas que proxecten levar a cabo un investimento nun centro de traballo localizado na Comunidade Autónoma de Galicia, considerado subvencionable ao abeiro do regulado nas bases publicadas na Resolución.

Consideraranse pemes as empresas que, na data da solicitude, respondan á definición de peme establecida pola Comisión Europea no anexo I do Regulamento (UE) 651/2014, calquera que sexa a súa forma xurídica, polo que tamén poderán acceder á condición de persoa beneficiaria as persoas físicas, as agrupacións de persoas físicas ou xurídicas, públicas ou privadas, as comunidades de bens ou calquera outro tipo de unidade económica ou patrimonio separado que, aínda carecendo de personalidade xurídica, poidan levar a cabo os proxectos, as actividades ou os comportamentos ou estean na situación que motiva a concesión da subvención.

Válido dende: 
venres, 29 Setembro, 2023
Válido ate: 
martes, 31 Outubro, 2023