Anxo Sánchez

Axudo a emprendedores coma ti ou a empresas como a túa a ter unha web profesional que voe, teña visibilidade e consiga clientes a través de internet.

Sei que os inicios de todo proxecto son duros, eu mesmo o sentín non hai moito, por iso se es un emprendedor que está comezando ou simplemente queres anovar o teu escaparate dixital, podes contar comigo.

Unha web é a ferramenta ideal para trasladar ao mundo o que mellor sabes facer.

Deseñareina para que a poidas xestionar de xeito sinxelo. Optimizareina para que sexa intuitiva e do gusto de Google. Engadirei velocidade e seguridade para que a túa máxima preocupación sexa o teu negocio, fiques contento e durmas tranquilo cun investimento ben feito.

Unha proposta personalizada unicamente para ti, escalable, con infinidade de extensións, sinxela no seu uso e cunha curva de aprendizaxe pequena. Todo isto nunha base de WordPress, o maior xestor de contidos do mundo.

Goza de personalización e escalabilidade para que o teu proxecto medre. Todo iso coa satisfacción de poder implicarte no seu desenvolvemento grazas aos titoriais e o soporte que inclúen os meus proxectos web.

Sen enganos.