Azvai

Azvai emerxe para facer fronte ás crises climática e medioambientais que vivimos, combinando o Pensamento Sistémico con filosofías e metodoloxías máis coñecidas como o Design Thinking. Traballamos en distintos sistemas clave, dende a agricultura e a silvicultura ate a pesca e a industria.

Economías Rexenerativas

Deseño e execución de proxectos de economía circular, agricultura e silvicultura rexenerativas, tratando de movernos cara economías en harmonía coa natureza.

Minimalismo Tecnolóxico

Aplicación ética e minimalista das últimas tendencias tecnolóxicas, buscando a autosuficiencia por parte dos usuarios e as comunidades.

Cambio, innovación, e coñecemento

Comunidades de práctica capaces de xestionar cambios, innovación e coñecemento de forma autónoma.

O noso papel

  • Pensamos de forma ética e sistémica, asesorando sempre con humildade e honestidade, aínda cando isto poida ir en contra dos nosos intereses comerciais.
  • Catalizamos para que as ideas e os cambios en sistemas complexos emerxan da autoorganización de comunidades novas ou xa existentes.
  • Participamos no deseño e execución das solucións. Facilitamos talleres de deseño participativo, e xestionamos proxectos, executando aquelas accións para as que nos vemos capacitadxs.

Datos de contacto


Presenza na rede