Mar Castro - Onda Versa

 

ELEVATOR PITCH

Prepara unha presentación profesional de alto impacto en 2 horas!

 

FALAR EN PÚBLICO

Lidera coa túa comunicación as contornas físicas e dixitais complexos nos que desenvolves a túa actividade profesional.

Realizo asesorías e adestramentos individuais e grupais, con plans de traballo personalizados en función do contexto, as personalidades e particularidades dos participantes.

Ofrezo explicacións teóricas e realización de prácticas que reforzan o teu ton e estilo de comunicación, con resultados coñecidos e recoñecidos.

Cativa, interesa, emociona, informa ou divirte ao teu público de interese.

Conecta coa túa audiencia e crea un vínculo sostible no tempo.

 

PROTOCOLO

O protocolo é orde. Ordena persoas, espazos, tempos e símbolos.

O PROTOCOLO está en todo. Mellora as relacións da túa empresa cos teus públicos.

Comunica eficazmente as túas mensaxes.

Difunde os valores da túa entidade.

Ofrece formas de diferenciación fronte á competencia.

Permíteche mostrar unha imaxe positiva nas túas aparicións externas.

 

MAR CASTRO
Son unha galega entusiasta das palabras sutís, precisas e exquisitas.
 
Ofrezo asesoría, mentoría e talleres en Comunicación e Marca Persoal a persoas empresarias, emprendedoras, directivas e profesionais do sector EMPRESARIAL, POLÍTICO e SANITARIO.
 
Transformo as túas ideas en mensaxes poderosas. Potencio un ESTILO DE COMUNICACIÓN ASERTIVA SINGULAR en presentacións profesionais, exposicións orais, entrevistas, reunións virtuais, gravacións, publicacións dixitais e contidos web.
 
Comprométome coa excelencia, a integridade e a coherencia. Creo na autenticidade, a reciprocidade e a humildade. Practico o agradecemento, o entusiasmo e a transparencia. E adoro sorrir. ●‿●
 
Participo con orgullo nas tradicións das terras que me acollen, e emociónanme as homenaxes que lle dedican á miña na miña Latinoamérica querida.
 
A confianza nun mesmo mellora cando mellora a súa comunicación, unha competencia imprescindible das persoas líderes.
 
Axúdoche a ofrecer a túa mellor versión e brillar coa túa COMUNICACIÓN.