ichik·studio

ichik·studio — Escaparate virtual

Estudo creativo independente / Ferrol · Galicia

ichik·studio

Cremos e creamos
soños.

Deseño. Creatividade. Tecnoloxía.

01 / O estudo

As ideas toman forma.

En ichik·studio cremos no poder das ideas e na capacidade do deseño para transformar a realidade. Somos un estudo creativo independente con base en Ferrol, especializado na creación de marcas, no deseño gráfico, na comunicación visual e no desenvolvemento de solucións dixitais.

Con dúas décadas de experiencia profesional no ámbito da comunicación visual, combinamos estratexia, creatividade, deseño e tecnoloxía para axudar a persoas emprendedoras, empresas e organizacións a converter as súas ideas en realidade.

Non buscamos simplemente facer algo bonito. Buscamos comprender, crear, comunicar e resolver.

02 / Servizos

O que facemos.

Catro liñas de traballo. Unha mesma maneira de entender a comunicación.

01 / Liña de traballo

Branding e identidade de marca

Creamos marcas con personalidade propia.

Unha marca é moito máis ca un logotipo. É a maneira en que un negocio se presenta, comunica, se diferencia e conecta coas persoas.

Estratexia e posicionamentoNamingLogotiposIdentidade visual e corporativaPersonalidade e ton de vozManuais de identidadeRebrandingPackagingMerchandising

02 / Liña de traballo

Deseño gráfico e comunicación visual

Deseñamos para comunicar, non só para decorar.

Transformamos ideas, información e mensaxes en sistemas visuais coherentes, atractivos e funcionais.

Deseño editorial e maquetaciónCatálogos e folletosCartelaría e publicidadeIdentidades para eventosCampañasIlustración e infografíasSinalética e rotulaciónMateriais impresos e dixitaisContidos para redes sociais

03 / Liña de traballo

Deseño e desenvolvemento web

Conectamos marcas e persoas a través da tecnoloxía.

Creamos experiencias dixitais que combinan identidade visual, funcionalidade e usabilidade, adaptadas ás necesidades de cada negocio.

Webs corporativasWordPressComercio electrónicoLanding pagesDeseño UI/UXAplicacións webSolucións personalizadasMantemento e actualizacións

04 / Liña de traballo

Creatividade e asesoramento

A creatividade é unha ferramenta para resolver problemas.

Acompañamos a nosa clientela na procura de novas perspectivas e solucións para os seus retos de comunicación.

Consultoría creativaAsesoramento en comunicación visualDirección creativa e de arteConceptualización de campañasEstratexia de comunicaciónCreación de contidosObradoiros de creatividade

03 / Para quen

Deseño para quen emprende.

Cremos que o deseño de calidade non debe ser un privilexio das grandes empresas. Queremos axudar a quen emprende, crea, innova e contribúe a transformar a súa contorna.

Profesionais autónomosPersoas emprendedorasPequenas e medianas empresasComercios e negocios locaisProxectos culturais e artísticosAsociacións e organizacións sociaisTerceiro sectorAxencias de publicidade e comunicaciónEstudos e profesionais creativos

Desde Ferrol traballamos con proxectos locais e con clientes do resto de Galicia, de España e doutros países.

04 / Proceso

Escoitar, comprender,
idear e construír.

Cada proxecto é diferente. Desenvolvemos solucións personalizadas, adaptadas aos obxectivos, ás necesidades e aos recursos de cada cliente. Apostamos por unha relación próxima, colaborativa e transparente.

01

Escoita

Comprendemos o proxecto e os seus obxectivos.

02

Diagnóstico

Identificamos necesidades e oportunidades.

03

Dirección

Definimos a estratexia e o concepto.

04

Deseño

Damos forma ás ideas e ao sistema visual.

05

Construción

Desenvolvemos e implementamos as solucións.

06

Entrega

Entregamos materiais e documentación para seguir medrando.

Ofrecemos servizos puntuais, colaboracións continuadas e solucións modulares que permiten desenvolver os proxectos por fases.

05 / A nosa filosofía

Por que ichik?

O nome ichik ten a súa orixe na cultura maya e fai referencia ao soño, non como o acto de durmir, senón como ese anhelo, esa aspiración ou ese futuro que desexamos construír.

De aí nace a nosa filosofía: ser partícipes creativos dos soños das persoas que confían en nós.

Ti emprendes.
Nós axudámosche a comunicar.

06 / Contacto

Construamos algo xuntos.

Tes unha idea? Estás a emprender? Queres renovar a identidade do teu negocio ou desenvolver a túa presenza dixital? Ou simplemente buscas alguén con quen compartir e desenvolver novas ideas?

Falemos do teu proxecto.

ichik·studio
Ferrol · Galicia
[email protected]


Datos de contacto


Presenza na rede


Horario de apertura

  • Verán: De luns a venres. Atención con cita previa.
  • Inverno: De luns a venres. Atención con cita previa.