A Xunta inicia este mes de maio a segunda edición do programa Autónomos Dixitais enfocado a que as persoas traballadoras autónomas melloren as súas competencias en comercio electrónico e saiban como aproveitar mellor as novas canles online de comunicación que existen para ofrecer aos seus clientes os seus produtos e servizos.
Novas da oficina do autónomo
06-05-21
A conselleira de Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, mantivo hoxe novos encontros virtuais desde Santiago de Compostela cos integrantes do Diálogo Social -Confederación de Empresarios de Galicia (CEG), UXT e CCOO- e coa Mesa do Emprego Autónomo para terminar de consensuar as bases do 3º Plan de Rescate que a Xunta porá en marcha cos 234 mil
15-04-21
Ampliado prazo de adhesión ata o 31 de maio de 2021
14-04-21
A Xunta publica no Diario Oficial de Galicia (DOG) a convocatoria para solicitar as axudas do Bono Enerxía Peme e Comercio, que ten como obxectivo axudar a pemes e persoas traballadoras autónomas dos sectores máis afectados pola pandemia a renovar as súas instalacións enerxéticas.
05-04-21
A Vicepresidencia económica e Consellería de Economía, Empresa e Innovación, publica no Diario Oficial de Galicia a convocatoria dos Premios Artesanía de Galicia 2021, co obxectivo de recoñecer novamente o talento e a traxectoria dos profesionais artesáns galegos.




