Programa de axudas para a contratación de persoas traballadoras remudistas - 2020


  • 17/06/2020
  • 30/09/2020
Accede dende aquí

TR349Y - Programa de axudas para a contratación de persoas traballadoras remudistas - 2020

Data de publicación: 17 de xuño de 2020

Data inicio de solicitude: 18 de xuño de 2020

Data remate de solicitude: 30 de setembro de 2020

Obxecto

A través da incentivación do contrato de remuda, este programa ten a finalidade de favorecer a substitución nos cadros de persoal das empresas, das persoas traballadoras próximas á xubilación por persoas mozas menores de 30 anos desempregadas ou cun contrato formativo na mesma empresa, ou menores de 35 anos cun contrato de duración determinada na mesma empresa ou persoas desempregadas maiores de 45 anos, garantindo a non destrución de postos de traballo, unha vez que as persoas traballadoras que os ocupaban rematen a súa vida activa.

Por medio desta orde as empresas terán a posibilidade de obter axudas pola realización dun contrato de remuda a tempo completo de duración indefinida ou ben de duración determinada sempre que neste último suposto conste o compromiso de conversión a indefinido no momento da súa finalización.

Características da axuda

Serán subvencionables ao abeiro deste programa os contratos de remuda a xornada completa e por tempo indefinido e os de duración determinada sempre que neste suposto conste o compromiso de conversión a indefinido no momento da súa finalización, que se realicen desde o 1 de xaneiro de 2020 ata o 30 de setembro de 2020.

As contratacións de remuda realizadas ao abeiro desta orde de convocatoria incentivaranse cunha axuda de 7.500 euros por cada contrato realizado e que cumpra cos requisitos establecidos no artigo 21 desta orde.

Estas contías incrementaranse nun 5 % nos seguintes casos, que son acumulables entre si:

  • Se a persoa contratada é muller.
  • Se a persoa contratada é unha persoa con discapacidade.
  • Se a actividade da entidade solicitante pertence ao ámbito de sectores estratéxicos.

O incremento será dun 10 % no caso de postos de traballo en que o remudista vaia desenvolver funcións relacionadas coa adaptación tecnolóxica da empresa. Isto deberá ser acreditado mediante a presentación dunha memoria.
Aplicarase a subvención polos incrementos indicados pola persoa ou entidade solicitante, en caso de non exercer a opción, entenderase solicitada pola contía superior que quede acreditada coa documentación achegada coa solicitude.

Persoas beneficiarias

Poderán ser entidades beneficiarias dos incentivos previstos neste programa as empresas que teñan a condición de peme, calquera que sexa a forma xurídica que adopten, que realicen contratos de remuda para prestaren servizos en centros de traballo radicados na Comunidade Autónoma de Galicia, de acordo cos requisitos e condicións que se establecen na orde publicada.


Publicación DOG Ficha sede

Válido dende: 
mércores, 17 Xuño, 2020
Válido ate: 
mércores, 30 Setembro, 2020