Axudas a servizos modulares de asesoramento especializado a empresas galegas prestados por entidades colaboradoras (programa Re-acciona COVID-19) - 2021
- 30/09/2021
- 15/11/2021
-
Etapa
IG402A - Axudas a servizos modulares de asesoramento especializado a empresas galegas prestados por entidades colaboradoras (programa Re-acciona COVID-19) - 2021
Data de publicación: 30/09/2021
Data inicio de solicitude: 01/10/2021
Data remate de solicitude: 15/11/2021
Obxecto
Esta resolución ten por obxecto publicar as bases e convocar as axudas destinadas a facilitar a execución dun conxunto de servizos profesionais por parte de entidades colaboradoras previamente seleccionadas mediante Resolución do 25 de agosto de 2021, DOG nº 169, do 2 de setembro.
Os servizos para os que se poderá conceder axuda son os seguintes:
a) Reestruturación financeira e adecuación de estados financeiros tras o impacto da COVID-19 e os novos modelos de negocio.
b) Preparación para a transmisión ou adquisición de unidades produtivas.
c) Elaboración, adaptación e implementación de plans estratéxicos de internacionalización da empresa ou sector ao novo escenario internacional.
d) Análise de mercados internacionais concretos en relación á nova situación motivada pola emerxencia sanitaria COVID-19 e as necesidades específicas do solicitante de cara á apertura ou permanencia no dito mercado.
e) Consultaría relacionada coa implementación de metodoloxías de traballo e procesos acordes aos principios da economía circular.
Características da axuda
Serán subvencionables os gastos de prestación dos servizos enumerados prestados polas entidades colaboradoras seleccionadas para cada servizo, realizados entre a data de solicitude e a data límite de execución establecida na resolución de convocatoria das axudas, que cumpran os requisitos establecidos pola Orde HFP/1979/2016, do 29 de decembro, do Ministerio de Facenda e Función Pública, pola que se aproban as normas sobre os gastos subvencionables do programa operativo do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional..
Persoas beneficiarias
Poderán ser beneficiarias destas axudas as pequenas e medianas empresas (pemes), segundo a definición establecida pola Comisión Europea no anexo I do Regulamento (UE) nº 651/2014, calquera que sexa a súa forma xurídica, incluíndo as agrupacións de persoas físicas ou xurídicas, públicas ou privadas, as comunidades de bens ou calquera outro tipo de unidade económica ou patrimonio separado que, aínda carecendo de personalidade xurídica, poidan levar a cabo os proxectos, as actividades ou os comportamentos ou se atopen na situación que motiva a concesión da subvención.