Axudas para implantar a igualdade laboral, a conciliación e a RSE - Liña II Conciliación - 2022


  • 04/02/2022
  • 04/03/2022
Accede dende aquí

TR357D - Axudas para implantar a igualdade laboral, a conciliación e a RSE - Liña II Conciliación - 2022

Data de publicación: 04/02/2022

Data inicio de solicitude: 05/02/2022

Data remate de solicitude: 04/03/2022

Obxecto

Esta orde ten por obxecto publicar as bases e convocar as axudas e incentivos a pemes, a persoas traballadoras autónomas con persoas traballadoras a cargo e para adoptar medidas de corresponsabilidade e de conciliación da vida familiar, persoal e laboral.

Poderán ser subvencionables as accións para as que se concede a axuda ou incentivo que se realicen entre o día 1 de xaneiro de 2022 e ata a data de final do prazo de xustificación das actividades establecido.

Características da axuda

Esta Liña II Conciliación comprende tres subliñas:

Subliña II.1. Incentivos para fomento do teletraballo: incentivarase a adopción de acordos laborais de teletraballo.

a) Formalizar, polo menos, un acordo de teletraballo, por un período de tempo non inferior a dous anos, cunha persoa xa vinculada á empresa por contrato laboral e xornada completa, cunha antigüidade de polo menos un ano, e/ou

b) Contratar ex novo persoal na modalidade de teletraballo a xornada completa e asinen coa persoa traballadora un acordo que regule esta situación por un período de tempo non inferior a dous anos.

As axudas consistirán nun incentivo de 2.000 euros por persoa traballadora cun acordo de teletraballo, ben por adaptación do contrato que teña na empresa ou ben pola realización dun novo contrato para unha persoa non vinculada á empresa, co límite máximo de 8.000 euros por empresa.

O límite máximo incrementarase en 1.000 euros para aquelas empresas en que a taxa de ocupación feminina sexa polo menos igual á masculina. Este incremento non será aplicable a aquelas empresas que xa o obtiveran noutras convocatorias.

Subliña II.2. Incentivos para o fomento da flexibilidade horaria. Incentivarase a adopción de acordos laborais de flexibilidade horaria.

Establecer un convenio colectivo de empresa, ou mediante un acordo entre a empresa e quen exerza a representación legal das persoas traballadoras ou, na súa falta, coa totalidade do cadro de persoal, medidas de flexibilidade horaria.

Poderá acordarse calquera medida de flexibilidade como sistemas de compensación de días e horas, xornada laboral continua ou semana laboral comprimida, permisos especiais no caso de emerxencias familiares e por un período non inferior a dous anos.

As axudas consistirán nun incentivo de 8.000 euros por empresa solicitante. O límite máximo incrementarase en 1.000 euros para aquelas empresas en que a taxa de ocupación feminina sexa polo menos igual á masculina.

Subliña II.3. Subvencións para a adquisición de elementos tecnolóxicos que posibiliten o teletraballo.

Será subvencionable a adquisición de elementos tecnolóxicos seguintes: computador persoal, medios materiais para o acceso á internet e todos aqueles periféricos necesarios para as tarefas para desenvolver: webcam, impresora, escáner e demais compoñentes de hardware necesarios para a implantación efectiva do teletraballo, coa finalidade de fomentar o uso de tecnoloxías da información e comunicación (TIC) como unha medida de conciliación laboral, persoal e familiar.

As axudas consistirán nunha subvención de ata o 80 % do investimento, co tope de 1.500 euros por persoa traballadora beneficiada e co límite máximo de 20.000 euros por empresa. A axuda verase incrementada nun 10 % para aquelas empresas en que a taxa de ocupación feminina sexa cando menos igual á masculina.

Persoas beneficiarias

As empresas solicitantes poderán ser pemes ou persoas traballadoras autónomas, que teñan subscritos contratos con persoas traballadoras por conta allea con domicilio social e centro de traballo en Galicia, calquera que sexa a súa forma xurídica, e que estean validamente constituídas no momento de presentar a solicitude de axudas.

No caso das subliñas 1 e 3, as empresas deberán contar cun mínimo de 1 persoa traballadora, e se a solicitude é para a subliña 2, as empresas deberán contar cun mínimo de 5 persoas traballadoras.

Para os efectos de determinar o número de persoas traballadoras na empresa, atenderase ao número de persoas traballadoras por conta allea na data da presentación da solicitude.


Publicación DOG

Publicación corrección DOG

Ficha informativa sede electrónica

Válido dende: 
venres, 4 Febreiro, 2022
Válido ate: 
venres, 4 Marzo, 2022