Apoio ao acceso ao crédito das pequenas e medianas empresas (Financiamento Igape - pemes) - 2022


  • 22/04/2022
  • 30/09/2022
Accede dende aquí

IG535A - Apoio ao acceso ao crédito das pequenas e medianas empresas (Financiamento Igape - pemes) - 2022

Data de publicación: 21/04/2022

Data inicio de solicitude: 22/04/2022

Data remate de solicitude: 30/09/2022

Obxecto

Esta Resolución ten por obxecto publicar as bases e convocar o acceso ao crédito das pequenas e medianas empresas, instrumentadas mediante convenio de colaboración entre o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), as sociedades de garantía recíproca (SGR) e as entidades de crédito adheridas (financiamento Igape-pemes), que se desagrega nas liñas de financiamento específicas detalladas.

Características da axuda

As características, finalidades, importes máximos e mínimos, e condicións das operacións financeiras apoiadas serán as detalladas para cada liña de financiamento recollida no anexo I.

Axuda do Igape en forma de garantía.

Naquelas liñas de financiamento en que así se recolla no anexo I, a axuda do Igape consistirá no reaval do Igape durante a vixencia da operación avalada e, en todo caso, co máximo de 7 anos, en garantía dun máximo do 25 % do risco asumido pola SGR. Seguindo os criterios establecidos na Comunicación da Comisión 2008/C155/02 relativa á aplicación dos artigos 87 e 88 do Tratado CE das axudas estatais outorgadas en forma de garantía, considérase como axuda indirecta a equivalente ao importe da prima non cobrada ao beneficiario.

Con carácter xeral, o reaval do Igape ante as SGR será do 25 % do risco asumido pola SGR, salvo nos casos en que a SGR combine este coa cobertura de reavais doutros organismos públicos ou dependentes da Administración.

Axuda do Igape en forma de subsidiación de gastos financeiros.

Nas liñas de financiamento en que así se recolla no anexo I, a axuda do Igape poderá consistir na bonificación do tipo de xuro nominal e/ou das comisións de aval das operacións de préstamo acollidas.

Persoas beneficiarias

Poderán ser beneficiarias das axudas reguladas nestas bases as pequenas e medianas empresas, segundo a definición establecida pola Comisión Europea no anexo I do Regulamento (UE) nº 651/2014 (DOUE L 187, do 26 de xuño), da Comisión, do 17 de xuño de 2014, polo que se declaran determinadas categorías de axuda compatibles co mercado interior en aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado UE, que cumpran os seguintes requisitos:

a) Teñan o seu domicilio fiscal e desenvolvan a súa actividade económica en Galicia.

b) Cumpran os requisitos e condicións establecidos para a correspondente liña de financiamento, que se detallan no anexo I da Resolución.


Publicación DOG

Ficha informativa sede electrónica

Válido dende: 
venres, 22 Abril, 2022
Válido ate: 
venres, 30 Setembro, 2022