Subvención destinada ao financiamento do Programa Muller 22 - 2022


  • 04/07/2022
  • 30/09/2022
Accede dende aquí

TR770A - Subvención destinada ao financiamento do Programa Muller 22 - 2022

Infografía explicativa

Data de publicación: 04/07/2022

Data inicio de solicitude: 05/07/2022

Data remate de solicitude: 30/09/2022

Obxecto

Esta orde ten por obxecto publicar as bases e convocar as subvencións dos incentivos á contratación indefinida inicial de mulleres desempregadas que presentan desvantaxes e dificultades particulares para acceder ou permanecer no mercado de traballo.

Os incentivos previstos nesta orde serán de aplicación ás contratacións indefinidas iniciais a tempo completo que se celebren desde o 1 de xaneiro de 2022 e ata o 30 de setembro de 2022 con mulleres desempregadas.

Características da axuda

A contratación realizada coa muller desempregada pola que se solicita a subvención deberá ser indefinida inicial, incluída a modalidade de fixos-descontinuos dun mínimo de 9 meses de duración, e cunha xornada a tempo completo.

As contratacións polas que se solicita subvención deberán estar comunicadas, a través da aplicación Contrat@ á oficina pública de emprego que corresponda, no momento da solicitude.

As contratacións indefinidas iniciais incentivaranse cunha axuda de 6.000 euros por cada muller desempregada contratada.

No caso de contratacións indefinidas iniciais na modalidade de fixos-descontinuos dun mínimo de 9 meses de duración, a contía do incentivo será proporcional ao tempo de traballo.

Persoas beneficiarias

Poderán ser entidades beneficiarias dos incentivos previstos as persoas empregadoras e as empresas, calquera que sexa a forma xurídica que adopten, incluídas as persoas autónomas, as cooperativas e as sociedades laborais, que contraten por conta allea mulleres desempregadas, inscritas como demandantes de emprego, para prestaren servizos en centros de traballo radicados na Comunidade Autónoma de Galicia, de acordo cos requisitos e condicións que se establecen nesta orde.

Tamén poderán ser beneficiarios dos incentivos os centros especias de emprego e as empresas de inserción laboral, excepto para facer contratos con persoas con discapacidade e contratos con persoas en situación ou risco de exclusión social respectivamente.

Cartel para difusión a utilizar polas persoas e empresas beneficiarias

Modelo de cartel para dar publicidade ao financiamento público das actuacións subvencionadas pola Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade, polo PRTR e polos Fondos Next Generation da UE.

Cartel TR770A


Publicación DOG

Correción erros DOG

Ficha informativa sede electrónica

Válido dende: 
luns, 4 Xullo, 2022
Válido ate: 
venres, 30 Setembro, 2022