RED.es publica a convocatoria de axudas do KIT Digital para as empresas entre 1 e 3 persoas traballadoras

O organismo RED.pon en marcha outra convocatoria do Programa KIT Digital. Nesta ocasión a convocatoria de axudas viuse afectada por unha serie de cambios que se implementaron recentemente nas bases reguladoras definidas inicialmente o 29 de decembro do 2021.

Entre os cambios realizados están: a adición de novas categorías, cambios nalgúns importes e funcionalidades, a forma de asinar os acordos entre beneficiarios e Axente Digitalizador, entre outros. E teñen como obxectivo que as diversas solucións de dixitalización estean aliñadas cos avances tecnolóxicos na actualidade. Adicionalmente, estas modificacións buscan a mellora de determinados aspectos que garantan a correcta execución das axudas e a consecución dos obxectivos definidos no Programa do Kit Digital.

Esta segunda convocatoria vai dirixida a pequenas empresas, microempresas e persoas en situación de autoemprego de entre 3 e menos de 10 persoas empregadas, correspondentes ao Segmento II das bases reguladoras do Programa Kit Digital. Ademais de cumprir co requisito anterior, as pequenas empresas, microempresas e persoas en situación de autoemprego deberán contar con domicilio fiscal situado en territorio español.

Para esta convocatoria, o importe máximo de axuda ou bono dixital por beneficiario será de 6.000 € e con el as pemes poderán adquirir as solucións de dixitalización para 12 categorías (anteriormente eran 10, engadíronse as categorías de Presenza Avanzada na internet e Market Place).


Máis información