O IGAPE publicará novos prazos de presentación de solicitudes de axudas debido ás incidencias técnicas da nova plataforma tecnolóxica

O Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) informa que, debido a incidencias técnicas na súa nova plataforma tecnolóxica de xestión, os prazos para a presentación de solicitudes quedan anulados para todos os efectos, polo que se garantiza a seguridade xurídica dos procedementos.

Nos vindeiros días, o Igape publicará novos prazos para a presentación de solicitudes das axudas en vigor. Esta nova plataforma, deseñada para xestionar un gran número de axudas, presentou problemas imprevistos que dificultaron a tramitación correcta das solicitudes por parte das empresas e colectivos interesados.

O Igape é consciente da importancia destas axudas para o tecido empresarial galego e traballa para ofrecer solucións de maneira inmediata. A súa prioridade é garantir que todos os solicitantes poidan acceder ao proceso de forma áxil e sen complicacións técnicas.

O IGAPE pide desculpas polas molestias ocasionadas e agradece a comprensión de todas as persoas e entidades afectadas.

O Igape informa que a publicación dos novos prazos farase a través das canles oficiais de información: o Diario Oficial de Galicia, a sede electrónica da Xunta, e a Oficina Virtual da páxina web do Igape.


PComunicado IGAPE