Publicado as festas da comunidade autónoma para o calendario laboral do ano 2024

O Diario Oficial de Galicia ven de publicar o Decreto polo que se determinan as festas da Comunidade Autónoma de Galicia do calendario laboral para o ano 2024.

Nesa liña, de non se producir modificacións no calendario laboral estatal, establece as seguintes datas como festas laborais, que terán carácter obrigatorio e non recuperable:

1 de xaneiro Epifanía do Señor (Aninovo)
6 de xaneiro Día de Reis
28 de marzo Xoves Santo
29 de marzo Venres Santo
1 de maio Festa do Traballo
17 de maio Día das Letras Galegas
25 de xullo Día Nacional de Galicia
15 de agosto Asunción da Virxe
12 de outubro Festa Nacional de España
1 de novembro Todos os Santos
6 de decembro Día da Constitución Española
25 de decembro Natividade do Señor

 

Por último, establece que as ditas datas terán o carácter de días inhábiles para os efectos de cómputo de prazos.