Medidas urxentes de axuda para a reparación dos danos causados polos incendios forestais 2025
A Xunta de Galicia pon á disposición das persoas, empresas e entidades afectadas diferentes liñas de axudas directas para contribuír á recuperación da normalidade nas zonas danadas polos incendios forestais deste verán.
Estas axudas enmárcanse dentro do DECRETO 76/2025, do 29 de agosto de 2025, de medidas urxentes de axuda para a reparación dos danos causados polos incendios forestais que afectan a Galicia durante o verán de 2025, aprobado polo Consello extraordinario da Xunta de Galicia que tivo lugar en Ourense o 29 de agosto de 2025. Entre outras:
- Axudas para explotacións agrícolas, gandeiras e forestais afectadas polos incendios.
- Axudas para para empresas afectadas polos incendios forestais.
RD 76/2025
Axuda explotacións argrícolas
Axudas empresas