Publicada no BOE a Estratexia Española de Economía Social 2017 - 2020
Hoxe vense de publicar no BOE a aprobación da Estratexia Española de Economía Social 2017-2020, espazo de referencia e de máxima relevancia para un importante volume de persoas autónomas
A Estratexia Española de Economía Social 2017-2020, aprobada no Consello de Ministros o pasado 29 de decembro e que hoxe publica o Boletín Oficial do Estado, é un valioso documento para servir de referencia no apoio ao emprendemento social e está dirixida a preparala cara o futuro, a globalización e o envellecemento da poboación, entre outros.
A Estratexia comprende 63 medidas integradas en 11 eixos dirixidos a favorecer a creación e consolidación de empresas de Economía Social e para crear máis e mellores empregos. Dende a creación de emprego inclusivo, de calidade e estable, e con medidas que tamén inciden no emprendemento colectivo.
A Estratexia está deseñada para servir de vía para atender ao reto da dixitalización, fomentando a integración das TIC nas entidades da Economía Social e facilitando a súa adaptación á era dixital. Asi mesmo, persegue impulsar a súa visibilidade a través dunha maior participación institucional e o apoio á súa internacionalización, mediante a creación dun Catálogo nacional de entidades da Economía Social e un selo distintivo de recoñecemento.
Máis información na propia publicación do Boletín Oficial do Estado e na propia publicación