13º Salón da Prevención e a Seguridade Laboral
O 11 e 12 de abril en Expourense terá lugar unha nova edición de Previsel, o salón da prevención e a seguridade laboral
Previsel é un salón especializado onde se dan a coñecer produtos e servizos no ámbito da seguridade laboral, dándose cita un amplo abano de especialistas no sector, aunando coñecementos e novas tendencias na materia.
A Xunta de Galicia, xunto coa patronal e os sindicatos promoven esta nova edición, traballando no impulso da prevención e fomentando a actualización de coñecementos, presentando as últimas tendencias e avances.
Durante os dous días contará cun abano moi amplo de actividades, alternando exposicións, exhibicións e demostracións con talleres prácticos e debates técnicos sobre a prevención e a seguridade laboral.
Máis información na propia páxina web de Previsel.