A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, participou no final do percorrido da 9ª etapa do proxecto Galicia Camiño Emprendedor dirixido a impulsar o talento galego que tivo por lema A muller emprendedora como figura dun desenvolvemento económico máis xusto en Galicia.
Novas da oficina do autónomo
15-09-22
O vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, ratificou esta tarde en Santiago de Compostela o apoio da Xunta ao emprendemento e o emprego autónomo para ser unha terra de oportunidades.
08-09-22
A secretaria xeral de Apoio ao Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social, Covadonga Toca, cifrou hoxe en máis de 81 millóns de euros o investimento que a Xunta está a destinar este 2022 a impulsar o autoemprego e a economía social.
26-08-22
O Diario Oficial de Galicia ven de publicar unha nova convocatoria das axudas coas que a Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade quere compensar a redución de xornada de traballo que asumen algunhas familias galegas para atender a fillas e fillos de ata 3 anos (ou 12 no caso de ter recoñecida discapacidade).
22-08-22
A Xunta, en colaboración coa Fundación Ronsel, abre hoxe o prazo de inscrición dunha nova edición do programa Mentoring Traballo Autónomo, un proxecto centrado en axudar ás persoas traballadoras autónomas de Galicia na adaptación ou transformación dos seus negocios ás novas necesidades do mercado e a situación actual.




