Axudas para ampliar a redución das cotas da Seguridade Social para a consolidación do traballo autónomo


  • 01/01/1970
  • 01/01/1970
Accede dende aquí

TR341P- Axudas para ampliar a redución das cotas da Seguridade Social para a consolidación do traballo autónomo

Data de publicación: 24/08/2017

Data inicio de solicitude: 25/08/2017 (nos vindeiros anos, dende o día da alta)

Data fin solicitude: 30/09/2017 (nos vindeiros anos, ata o último día do sétimo mes dende o día da alta)

Obxecto:

Aprobar as bases reguladoras polas que se rexirán as axudas a persoas traballadoras por conta propia ou autónomas que estean ou estivesen acollidas aos incentivos e medidas de fomento e promoción do traballo autónomo establecido no paragrafo primeiro do artigo 31.1 da Lei 20/2007, do 11 de xullo, do Estatuto do traballo autónomo (redución da cota a 50 euros mensuais durante os 6 primeiros meses seguintes á data de alta)

O obxecto desta axuda (TR341P) é a de permitir que a persoa traballadora por conta propia goce dunha redución adicional durante un máximo de 6 meses adicionais, chegando así a un máximo de 12 meses de redución. Enlace á sede electrónica da Xunta de Galicia.

Persoas beneficiarias:

Poderán ser beneficiarias destas subvencións as persoas traballadoras que estean dadas de alta no réxime especial da Seguridade Social de traballadores por conta propia ou autónomos, que estean ou estivesen acollidos aos incentivos e medidas de fomento e promoción do traballo autónomo do paragrafo primeiro do artigo 31.1 da Lei 20/2007, de 11 de xullo, do Estatuto do traballo autónomo, segundo modificación efectuada pola Lei 31/2015, de 9 de septembro, dende a súa alta inicial ata o sexto mes dende a dita alta, tal e como se establece na presente Orde.