Axudas para o apoio aos investimentos nas explotacións agrícolas - 2018
- 16/03/2018
- 17/04/2018
-
Etapa
MR404 - MR405 - Axudas para investimentos nas explotacións agrarias
Data de publicación: 16/03/2018
Data inicio de solicitude: 17/03/2018
Data fin de solicitude: 16/04/2018
Obxecto
Estas axudas teñen por obxecto a concesión de axudas no ámbito do Programa de desenvolvemento Rural de Galicia 2014-2020 para o 2018 (MR404- MR405A e MR405B).
Características da axuda
Estas axudas teñen como finalidade incrementar a competitividade e o rendemento global das explotacións mediante a súa modernización e asegurar a competitividade e a continidade do tecido agraraio, centrándose:
No apoio aos investimentos nas explotacións agrícolas (plans de mellora nas explotacións agrarias) (Procedemento MR405A).
No desenvolvemento de explotacións agrícolas e empresariais para agricultores mozos (Procedemento MR404A) e para a creación de empresas para o desenvolvemento de pequenas explotacións (Procedemento MR405B)
Persoas beneficiarias
Poderán ser beneficiarias destas subvencións as persoas que teñan a condición de agricultor activo no momento da solicitude, ademais das condicións establecidas especificamente para cada procedemento.
Neste enlace pode accederse ao texto íntegro da resolución publicada no DOG.