Axudas para ampliar a redución das cotas da Seguridade Social para a consolidación do traballo autónomo, convocatoria 2018


  • 16/05/2018
  • 31/07/2018
Accede dende aquí

TR341P - Ampliación da redución da cota da seguridade social para a consolidación do traballo autónomo

Data de publicación: 15/05/2018

Data inicio de solicitude: 16/05/2018

Data fin de solicitude: 31/07/2018

Obxecto

Aprobar as bases reguladoras polas cales se rexerán as axudas a persoas traballadoras por conta propia ou autónomas que estean ou estivesen acollidas aos incentivos e medidas de fomento e promoción do traballo autónomo do parágrafo primeiro do artigo 31.1 da Lei 20/2007, do 11 de xullo, do Estatuto do traballo autónomo, que establece que a cota por continxencias comúns, incluída a incapacidade temporal, das persoas traballadoras por conta propia ou autónomas que causen alta inicial ou que non estivesen en situación de alta durante un período de tempo anterior regulado no dito artigo, contados desde a data de efectos da alta, no réxime especial da Seguridade Social de traballadores por conta propia ou autónomos, se reducirá á contía de 50 euros mensuais durante o número de meses regulados no mencionado artigo, inmediatamente seguintes á data de efectos da alta, no caso de que opten por cotizar pola base mínima que lles corresponda. As axudas só son para altas no RETA anteriores ao 1 de xaneiro de 2018 que cumpran cos requisitos regulados nesta orde.

Características da axuda

Mediante esta axuda, a través do procedemento TR341P, permitirase que a persoa traballadora por conta propia desfrute das reducións indicadas na orde (artigo 2.1) durante un máximo de seis (6) meses adicionais aos regulados no parágrafo primeiro do artigo 31.1 da Lei 20/2007, do 11 de xullo, do Estatuto do traballo autónomo, tomando como referencia a cotización pola base mínima establecida con carácter xeral e o tipo mínimo de cotización, vixentes no mes en que se producise a alta da persoa traballadora autónoma.

Persoas beneficiarias

Poderán ser beneficiarias destas subvencións as persoas traballadoras que estean dadas de alta no réxime especial da Seguridade Social de traballadores por conta propia ou autónomos, que estean ou estivesen acollidos aos incentivos e medidas de fomento e promoción do traballo autónomo do parágrafo primeiro do artigo 31.1 da Lei 20/2007, do 11 de xullo, do Estatuto do traballo autónomo. As axudas só son para altas no réxime especial de traballadores autónomos (RETA) anteriores ao 1 de xaneiro de 2018 que cumpran cos requisitos regulados nesta orde.

Neste enlace pode acceder ao texto completo da orde.

Neste enlace pode acceder ao extracto da orde.

Válido dende: 
mércores, 16 Maio, 2018
Válido ate: 
martes, 31 Xullo, 2018