Axudas para pequenos proxectos de investimento xeradores de emprego, zonas mineiras - 2019
- 02/01/2019
- 04/03/2019
-
Etapa
Axudas para pequenos proxectos de investimento xeradores de emprego, que promovan o desenvolvemento alternativo das zonas mineiras (réxime de mínimis) - 2019
Data de publicación: 2 de xaneiro de 2019
Data de inicio solicitude: 3 de xaneiro de 2019
Data de remate solicitude: 4 de marzo de 2019
Obxecto
Publicar a convocatoria do procedemento para promover a localización de pequenos proxectos de investimento empresarial nas zonas afectadas pola reestruturación da minería do carbón e a súa contorna co fin último de xerar actividades económicas alternativas á minería do carbón, coa consecuente xeración de novos postos de traballo e/ou mantemento dos xa existentes, para incentivar o seu desenvolvemento considerando a súa condición de rexións desfavorecidas.
Persoas beneficiarias
Poderán ser beneficiarias, entre outras, as persoas físicas e persoas traballadoras autónomas que vaian acometer os proxectos de investimento empresarial xeradores de emprego.
Neste enlace se pode acceder ao texto completo da resolución.
Válido dende:
mércores, 2 Xaneiro, 2019
Válido ate:
luns, 4 Marzo, 2019