Axudas para pequenos proxectos de investimento xeradores de emprego, zonas mineiras- 2019
- 02/01/2019
- 04/03/2019
-
Etapa
Axudas para pequenos proxectos de investimento xeradores de emprego, que promovan o desenvolvemento alternativo das zonas mineiras - 2019
Data de publicación: 2 de xaneiro de 2019
Data de inicio solicitude: 3 de xaneiro de 2019
Data de remate solicitude: 4 de marzo de 2019
Obxecto
Promover a localización de proxectos de investimento empresarial nas zonas da minería do carbón e a súa contorna co fin último de xerar actividades económicas alternativas á minería do carbón, coa consecuente xeración de novos postos de traballo e mantemento dos xa existentes nas devanditas zonas, para incentivar o seu desenvolvemento considerando a súa condición de rexións desfavorecidas, e desta maneira promover un desenvolvemento armonioso e equilibrado, de conformidade, tamén, coas recomendacións do Comité das Rexións da Unión Europea.
Persoas beneficiarias
Poderán ser beneficiarias, entre outras, as persoas físicas e persoas traballadoras autónomas que vaian acometer os proxectos de investimento empresarial xeradores de emprego.
Neste enlace se pode acceder ao texto completo da resolución.