Axudas para a innovación no sector pesqueiro - 2019
- 15/02/2019
- 14/03/2019
-
Etapa
PE 205 - Axudas para a innovación no sector pesqueiro (2019)
Data de publicación: 14/02/2019
Data inicio de solicitude: 15/02/2019
Data fin solicitude: 14/03/2019
Obxecto
As bases regulan as axudas para a realización de proxectos innovadores no sector extractivo, incluída a transformación e comercialización e tamén operacións innovadoras relacionadas coa conservación dos recursos biolóxicos mariños, co fin de fomentar unha pesca sustentable desde unha perspectiva medioambiental, socialmente responsable, baseada no coñecemento e competitiva. Códigos dos procedementos administrativos regulados por esta orde:
PE205G, para axudas a proxectos innovadores no sector extractivo
PE205H, para axudas a operacións innovadoras relacionadas coa conservación dos recursos biolóxicos mariños.
Características da axuda
As axudas terán como finalidade:
Procedemento PE205G: Proxectos innovadores que teñan como obxectivo desenvolver ou introducir produtos e equipamentos novos ou substancialmente perfeccionados, procesos ou técnicas novas ou perfeccionadas ou sistemas de xestión ou organización novos ou perfeccionados no sector extractivo, tamén na transformación e comercialización
Procedemento PE205H: Operacións innovadoras relacionadas coa conservación dos recursos biolóxicos mariños que contribúan á eliminación gradual dos descartes e as capturas accesorias que teñan como obxectivo desenvolver ou introducir novos coñecementos técnicos ou organizativos que reduzan os efectos da pesca sobre o ambiente, en particular, mediante técnica de pesca perfeccionadas e a selectividade das artes, ou que teñan por obxectivo lograr un uso máis sustentable dos recursos biolóxicos mariños e a coexistencia cos predadores protexidos
Persoas beneficiarias
Poderán ser persoas beneficiarias desta axuda, entre outras, as persoas traballadoras por conta propia propietarias de busques pesqueiros.
Neste enlace se pode acceder ao texto íntegro da orde publicada no DOG