Axudas a investimentos en transformación, comercialización e desenvolvemento de produtos agrarios


  • 25/02/2019
  • 25/03/2019
Accede dende aquí

Resolución de 19 de febreiro de 2019, do Fondo Español de Garantía Agraria O. A. (FEGA), pola que se convocan axudas a investimentos materiais ou inmateriais en transformación, comercialización e desenvolvemento de produtos agrarios, no marco do Programa Nacional de Desenvolvemento Rural 2014-2020, para o fomento da integración de entidades asociativas agroalimentarias de carácter supraautonómico

Data de publicación: 25/02/2019

Data de inicio da solicitude: 26/02/2019

Data fin solicitude: 25/03/2019

Obxecto

Convocar, para o exercicio 2019, subvencións en réxime de concorrencia competitiva, para o fomento da integración de entidades asociativas agroalimentarias de carácter supraautonómico, a investimentos materiais ou inmateriais en transformación, comercialización e desenvolvemento de produtos agrarios no marco do Programa Nacional de Desenvolvemento Rural 2014-2020.

Características da axuda

Serán subvencionables os proxectos de investimentos materiais ou inmateriais en transformación, comercialización ou desenvolvemento de produtos agrícolas contemplados no anexo I do Tratado de Funcionamento da Unión Europea (TFUE) ou do algodón, exceptuados os produtos da pesca, de acordo co establecido no artigo 3 do Real Decreto 1010/2015, de 6 de novembro, polo que se establecen as bases reguladoras da concesión de axudas a investimentos materiais ou inmateriais en transformación, comercialización e desenvolvemento de produtos agrarios no marco do Programa Nacional de Desenvolvemento Rural 2014-2020 para o fomento da integración de entidades asociativas agroalimentarias de carácter supraautonómico.

Persoas beneficiairas

Poderán acollerse ás axudas previstas neste real decreto as entidades asociativas prioritarias recoñecidas de acordo co Real Decreto 550/2014, de 27 de xuño, que cumpran as condicións establecidas no artigo 5 do Real Decreto 1010/2015, de 6 de novembro, polo que se establecen as bases reguladoras da concesión de axudas a investimentos materiais.

Neste enlace se pode acceder á información completa, publicada na Base de Datos Nacional de Subvencións (BDNS).

Válido dende: 
luns, 25 Febreiro, 2019
Válido ate: 
luns, 25 Marzo, 2019