Subvencións para o fomento do desenvolvemento tecnolóxico, a innovación e a competitividade no sector da acuicultura - FEMP


  • 22/04/2019
  • 22/05/2019
Accede dende aquí

PE205I - Subvencións para o fomento do desenvolvemento tecnolóxico, a innovación e a competitividade no sector da acuicultura - FEMP (2019)

Data de publicación: 22/04/2019

Data inicio de solicitude: 23/04/2019

Data fin solicitude: 22/05/2019

Obxecto

As bases regulan o contido e o procedemento de tramitación das subvencións para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva das axudas destinadas á realización de proxectos que fomenten o desenvolvemento tecnolóxico, a innovación e a competitividade no sector da acuicultura.

Características da axuda

Subvención a fondo perdido en réxime de concurrencia competitiva dun máximo do 50% de intensidade da axuda (para pemes) para proxectos que teñan como obxectivo:

a) O desenvolvemento de coñecementos técnicos, científicos ou organizativos nas explotacións acuícolas, que reduzan o impacto no ambiente, reduzan a dependencia da fariña e o aceite de peixe, impulsen un uso sustentable dos recursos na acuicultura, melloren o benestar dos animais ou faciliten novos métodos de produción sustentable.
b) O desenvolvemento ou introdución no mercado de novas especies acuícolas, produtos novos ou substancialmente perfeccionados, procesos novos ou perfeccionados, ou sistemas de xestión e organización novos ou perfeccionados.
c) O estudo da viabilidade técnica ou económica de produtos ou procesos innovadores.

Persoas beneficiarias

Poderán ser persoas beneficiarias desta axuda, entre outras, as persoas físicas que sexan titulares de establecementos que se dedican á realización de actividades de acuicultura en calquera ou todas as súas fases de explotación, cría, cultivo ou reprodución, situados nas zonas terrestre, marítimo-terrestre ou marítima, que teñan as súas instalacións na Comunidade Autónoma de Galicia.

Neste enlace se pode acceder ao texto íntegro da resolución publicada no DOG

Neste enlace tes máis información na sede electrónica da Xunta de Galicia

Válido dende: 
luns, 22 Abril, 2019
Válido ate: 
mércores, 22 Maio, 2019